Ribadeo, 30 de novembro, 2022. Este curso comezou a súa andadura o Club de Ciencia do IES Ribadeo Dionisio Gamallo. Cada luns, no recreo de mediodía, 28 alumnos e alumnas reúnense para realizar experimentos científicos guiados por Leticia Fernández Joven e Andrés Rodríguez Ramos, profesores do Departamento de Física e Química; Javier Rodríguez González, profesor de Tecnoloxía e Susi Besteiro Cabanas, profesora de Bioloxía.
A iniciativa ten como finalidade estimular o espíritu científico entre o alumnado e impulsar as vocacións STEM, orientadas ao ámbito tecnolóxico. Tamén pretende ser unha forma de potenciar a xa tradicional Feira da Ciencia, que na súa XXVIII edición contará con varios dos experimentos realizados no Club.
Como actividade de benvida, fíxose a práctica “Arte culinario”. Tódolos participantes elaboraron o seu propio cadro e comprobaron como os deterxentes alteran a tensión superficial permitindo mesturar o leite e os colorantes alimentarios.
O Samaín tamén tivo un toque científico, xa que ademais de “Saquiños fantasmas” e “Slime monstruoso”, co experimento “Cabazas tenebrosas”, o alumnado tivo a oportunidade de manipular xeo seco, comprobar a súa reacción coa auga así como facer pompas xigantes e curiosos vermes escumosos que non paraban de medrar.
Ó longo do mes de novembro, o mes da ciencia, tocou facer un experimento moi sinxelo pero que sempre sorprende ao alumnado: “Fluidos non newtonianos”. Para iso, mesturaron maicena e auga comprobando como a viscosidade pode variar coa tensión aplicada. Tamén experimentaron outra propiedade dos fluidos, como é a densidade, realizando vistosas “Lámpadas de lava” con aceite, auga, colorante e pastillas efervescentes. Finalmente, rematamos o mes fabricando “Visores de hologramas” con metacrilato e aínda que cortar as pezas non resultou doado, o alumnado quedaba abraiado cando ó rematar a estructura podía observar imaxes tridimensionais impresionantes coa axuda do móbil.
En definitiva, un Mes da Ciencia en Galego, celebrado por todo o alto: coa inauguración e posta en marcha do Club de Ciencia do IES Ribadeo. Seguiremos divulgando o noso saber científico…




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



