A Administración local vén de facerlles entrega dunha axuda nominativa que se incrementa este curso ata os 20.000 euros “co obxectivo de contribuír a que poidan manter a calidade do servizo extraordinario que prestan”
Cervo, 8 de novembro de 2022. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recibiron no Concello de Cervo á directora e ao presidente da Asociación Saúde Mental A Mariña, María José Novoa e Jorge Manchado, respectivamente, e fixéronlle entrega dunha axuda nominativa de 20.000 euros “para tentar contribuír a manter a calidade do servizo que prestan desde esta entidade, tanto ás persoas usuarias como ás familias”.
Esta axuda incrementouse en 5000 euros neste exercicio, pasando de 15.000 a 20.000 euros.
Tal e como precisaron “a relación entre a dirección do centro e o Concello é moi fluída e estamos en permanente contacto para atender, na medida das nosas posibilidades as súas demandas, poñendo a disposición os medios humanos e materiais que requiren, sempre que nos é posible”.
O rexedor aplaudiu o gran labor do centro e o extraordinario traballo do seu cadro de persoal dirixido a favorecer a integración deste colectivo na contorna comunitaria, dando apoio ás familias e prestando servizos de rehabilitación psicolóxica e social, a través dunha atención integral.
O Centro abriu as súas portas no ano 2013; sendo o de Cervo, o único centro destas características da provincia de Lugo, e un dos catro que existen a día de hoxe en toda Galicia.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



