Foz, 29 de novembro de 2022. O Concello de Foz leva a aprobación o orzamento municipal para o exercicio 2023 este xoves, día 1 de decembro, nun pleno extraordinario que se celebrará ás 20.30 horas e que será emitido por Radio Foz. Este orzamento, que ascende a 9.768.359,77 euros, increméntase con respecto a exercicios anteriores en máis dun 10 por cento, focaliza as súas inversións na área social, en servizos municipais primarios, así como en obras moi necesarias para a mellora de Foz.
A concelleira de Facenda, Inés López Couto, explica que “as partidas de gastos correntes incrementáronse para a administración: as importantes subas da enerxía, os carburantes ou calquera tipo de servizo esencial fan necesario aumentar as dotacións destas para facer fronte aos recursos para a prestación destes servizos. No capítulo de ingresos vaise revisar que se cumpran as ordenanzas existentes xa que é moi importante que un pobo en crecemento coma Foz medre de forma ordenada e que se cumpra os regulamentos que ten en vigor, para unha convivencia cómoda para todos os cidadáns”.
Inés López Couto engade que “é necesario que se incrementen as dotacións de recursos tanto por parte do Estado como da comunidade autónoma, xa que absorben a maioría deles sen ter en conta as competencias municipais, que se incrementan cada día. Os concellos, cada vez máis, asumimos competencias que son doutras administracións, debido a que non se nos transfiren os recursos necesarios para que estas se poidan cubrir ou a que as administracións competentes deixan de cubrilos, traspasándonos as responsabilidades ou abandonando os servizos. Vemos como exemplo máis flagrante o Servizo de Axuda no Fogar, que, na súa modalidade de dependencia, axuda a moitos fogares en situacións de necesidade vital. Nos servizos sociais é unha loita continua que a comunidade autónoma se faga cargo das súas competencias. Mentres os concellos seguen encargándose de poñer os recursos que non aportan dende a Xunta (este ano o prezo/hora que se aporta dende a Xunta é de 11,50 euros, cando a contratación saíu a licitación por case 20 euros/hora). Outro exemplo claro é o copago que o Concello realiza por cada praza das escolas infantís Galiña Azul. Por iso os cambios nos custes afectan tanto nos orzamentos para concellos medianos coma o noso”.
O capítulo de gastos correntes ascende á 5.390.152,10 euros, sendo os investimentos reais de 335.510,38 euros. O alcalde, Fran Cajoto, detalla que “estes investimentos inclúen a adquisición de nova maquinaria para os servizos de obras e xardinería, como é un tractor para o desbroce de camiños veciñais, así como os fondos propios a executar no Plan Único do vindeiro exercicio, a anualidade 2024 da obra de humanización da Rúa Irmandiños, fondos para mantemento de viais en parroquias e algunhas melloras para o servizo de biblioteca e a escola de música. Gustaríanos investir moito máis, pero debemos axustarnos aos recursos. Mais seguiremos solicitando cantas subvencións e axudas poidamos para continuar mellorando Foz e que siga crecendo, para o cal realizaremos as modificacións que se requiran se é necesario”.
O orzamento de Foz lévase a aprobación antes de que finalice o ano, como é preceptivo. “Cada ano vaise mellorando e aprendendo, é un traballo de todos que se leve a aprobación antes de que finalice o exercicio en vigor”, finaliza Inés López Couto.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



