Viveiro, 18 de novembro de 2022. A Concellería de Benestar Social do Concello de Viveiro organiza, o sábado 3 de decembro, o curso de formación ‘Comprender e apoiar a nenas e nenos no espectro do autismo’ para familias e profesionais.
A formación, financiada polo Concello, será impartida por Marlene Horna Castiñeiras, psicóloga que dende hai máis de dúas décadas traballa apoiando a persoas no Espectro do Autismo e a súa contorna. Na actualidade forma parte da Unidade de Apoio en Contextos Naturais da Asociación Autismo BATA.
A compostelá conta cunha ampla experiencia como consultora, formadora e docente, ademais de ser autora do libro ‘Nenos e nenas no Espectro do Autismo. Comprensión e estratexias prácticas de apoio educativo’.
“Dende que comezamos a traballar na elaboración dun Plan Diagnóstico da situación da infancia e adolescencia no noso municipio, detectamos a necesidade de brindar tanto a familias como profesionais formación neste eido”, subliña Victoria Baamonde Gómez, concelleira de Benestar Social de Viveiro.
“Son de sobra coñecidas por moitas familias e profesionais as referencias tan positivas que existen sobre Marlene Horna como experta na abordaxe desta realidade, que precisa ser atendida dende unha perspectiva normalizadora e inclusiva en tódolos contextos. Supón para nós todo un privilexio poder contar con ela”, engade.
Marlene Horna compartirá neste curso estratexias prácticas de apoio, unha guía sobre a estruturación física dos espazos e estruturación temporal (horarios, axenda, etc.), falará sobre a relación con iguais, así como da importancia dos educadores, a familia e outros profesionais, entre outros temas.
O curso levarase a cabo no Sala Multiusos da Casa do Concello de Viveiro o vindeiro sábado 3 de decembro, de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00 horas.
A formación é de balde para familias e profesionais gracias á financiación do Concello de Viveiro, mais é imprescindible a inscrición a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/KDs8hv7vKWytF4Zc7 ou contactando co número de teléfono 698 131 581 mediante chamada ou envío de WhatsApp.
O prazo de inscrición rematará o mércores 30 de novembro, ou de ser o caso unha vez completado o aforo.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



