As populares agradeceron e recoñeceron o importante labor dos colectivos sociais relacionados coa diversidade funcional e lembraron que “as mulleres con discapacidade se enfrontan a unha dobre discriminación: por ter unha discapacidade e por ser muller”
Lugo, 19 de novembro de 2022. A presidenta provincial do PP, Elena Candia, clausurou esta mañá a xornada sobre muller, discapacidade e violencia que se celebrou na sede dos populares lucenses organizada pola Comisión de Igualdade con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Candia incidiu na necesidade de seguir traballando dende as administracións para loitar contra os distintos tipos de discriminación e de violencia de xénero. “Os representantes políticos temos a obriga de traballar para protexer os dereitos das mulleres; e non para deixalas desamparadas como está a facer a coñecida como ‘Ley del solo si es si’ aprobada polo Goberno de coalición PSOE-Podemos co apoio doutros grupos e que posibilita a rebaixa das condenas por abusos sexuais”.
O acto comezou coa intervención da vicesecretaria de Igualdade do PP lucense, Susana López Abella, tamén secretaria xeral de Igualdade, que foi presentada pola concelleira Macamen López Silva e continuou cun coloquio no que participaron representantes de varios colectivos sociais relacionados coa diversidade funcional que tamén expuxeron as súas demandas. As populares tiveron palabras de “agradecemento e recoñecemento ao importante labor que realizan estes colectivos” e, concretamente, tiveron moi en conta que “as mulleres con discapacidade se enfrontan a unha dobre discriminación: polo feito de ter unha discapacidade e polo feito de ser muller”.
López Abella informou, durante a súa intervención, sobre as distintas liñas de axuda que ten a Xunta de Galicia en relación coa muller, a igualdade e a discapacidade. Puxo en valor o VIII Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027 que ten como reto “avanzar na loita contra as discriminacións e previr a violencia de xénero para conseguir una igualdade de xénero real e efectiva en todos os ámbitos”.
O documento conta con oito ámbitos específicos, entre os que López Abella salientou o dedicado á educación para a igualdade e a prevención das violencias contra as mulleres para reforzar a coeducación como instrumento de transformación para acabar coas desigualdades.O Plan incide tamén noutros eidos como son a empregabilidade, emprendemento e eliminación da fenda salarial, co reto de eliminar os desequilibrios de xénero no ámbito laboral, con especial énfase no emprendemento innovador; as mulleres na ciencia e na investigación, co fin de configurar un sistema galego de ciencia, tecnoloxía e innovación que incorpore de forma efectiva o principio de igualdade e aproveite o talento feminino; ou a promoción da conciliación e corresponsabilidade no uso dos tempos.
Susana López Abella tamén destacou a importancia de promover políticas sectoriais para o benestar, a cohesión social e o reto demográfico co fin de asegurar o benestar integral das mulleres na súa diversidade e de levar a cabo acción de intervención para a erradicación da violencia de xénero, para conseguir o rexeitamento social da violencia e garantir unha resposta institucional efectiva para a atención das vítimas.
López Abella tamén se referiu ás políticas activas de emprego da Xunta nas que as persoas con discapacidade, as mulleres e as vítimas de violencia de xénero son colectivos prioritarios de numerosos programas públicos con beneficios tales como un acceso prioritario ou apoios de maior intensidade. Puxo en valor, ademais, o Plan Emprega Muller e o Plan Emprega Discapacidade e Exclusión Social, que suman entre os dous máis de 74 millóns de euros para apoiar a formación e o acceso a un traballo destes colectivos.
CAMPAÑA ‘QUE FARÍAS TI’
López Abella lembrou a campaña Que farías ti? que promoven de xeito conxunto a Xunta e a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) co reto de visibilizar as violencias e problemáticas que experimentan as mulleres con discapacidade, en especial a violencia sexual, e de sensibilizar e reclamar máis implicación social na prevención da violencia. A iniciativa, coa que colabora a Consellería con 60.000 euros, baséase en catro pezas audiovisuais que se nutren de experiencias de usuarias de Acadar. Son catro historias diferentes con guións que xorden de encontros e obradoiros con mulleres con discapacidade. Catro directoras, Noemí Chantada, Lucía Vilela, Mar Catarina e Xiana do Teixeiro levaron a cabo os vídeos nos que non só hai que ver, ler ou escoitar, tamén participar activamente para que a historia continúe.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



