Advirten de que a Xunta de Galicia “permanece incapaz de mellorar a xestión da sanidade galega, o servizo que reciben os pacientes e as condicións de traballo nos hospitais e centros de saúde”
Lugo, 26 de novembro de 2022. O Grupo Socialista da Deputación de Lugo reclama á Xunta un plan de choque para reforzar a atención pediátrica na provincia de Lugo. “Dende a Deputación de Lugo seguiremos reclamando á Xunta, tantas veces como faga falta, que adopte as medidas necesarias para garantir o acceso ós servizos sanitarios públicos de calidade ó conxunto dos lucenses, con independencia do seu lugar de residencia ou da súa idade. E dende logo consideramos fundamental, polo seu impacto na saúde e pola inquedanza social que xera a súa ausencia, garantir unha boa atención pediátrica”.
Por iso, o PSdeG defenderá no vindeiro Pleno da Deputación, que se celebrará o vindeiro martes, unha moción para reclamar que a Xunta poña fin á “política de recortes de persoal” e “adopte as medidas necesarias para repoñer coa maior brevidade posible os cadros de persoal nos servizos de medicina de familia, pediatría e persoal sanitario”.
Os socialistas esixen ao Goberno galego que “atenda as reclamacións dos doentes e as organizacións profesionais á hora de deseñar o modelo de atención de urxencias pediátricas, para evitar que a falta de atención nos centros de saúde se traduza logo no colapso dos centros hospitalarios”.
O PSdeG subliña que, a pesar das reiteradas denuncias dos usuarios, dos colectivos profesionais do persoal sanitario e dos partidos da oposición, “a Xunta de Galicia permanece incapaz de desenvolver medidas para mellorar a xestión da sanidade galega, o servizo que reciben os pacientes e as condicións de traballo nos hospitais e centros de saúde”.
“A chegada das patoloxías propias do inverno está a xerar un novo colapso nos servizos de atención pediátrica. Esta situación vese agravada por unha falta de profesionais que ten sido denunciada de xeito reiterado no Pleno da Corporación provincial, sen que a Consellería de Sanidade actuase para remediar a insuficiencia de profesionais de pediatría que afecta aproximadamente ó 80% dos municipios da nosa provincia”, afirman os socialistas.
O Grupo Provincial Socialista recorda que hai apenas un mes, a xerente do Sergas, Estrella López-Pardo Pardo, declaraba nos medios de comunicación que os galegos “teñen que facerse á idea de que non se pode ter un pediatra en cada concello, e viña a dicir que para garantir a atención pediátrica o mellor era concentrar ó persoal dispoñible nas vilas de maior tamaño ou nos centros hospitalarios”.
“Por desgraza, a chegada das gripes e incidencias respiratorias infantís propias do inverno como a bronquiolite, revelaron que o modelo de concentración do Sergas tampouco garante a asistencia ós nenos e nenas da provincia”, aseguran os socialistas, engadindo que o pasado día 15, Manolo Veiga, delegado do sindicato de enfermería SATSE denunciou o colapso dos servizos das urxencias pediátricas no HULA, así como en varios centros de saúde da provincia.
Manifestación reivindicativa das familias de Viveiro, O Vicedo e Ourol
A Xunta “fixo caso omiso” destas declaracións, mesmo restou importancia ás patoloxías que levaron a hospitalizar a 25 nenos en poucas semanas. “Tampouco lle prestou atención” á manifestación celebrada o domingo día 20 en Viveiro onde familias e nenos saíron á rúa cargados de peluches e vestindo babeiros con lemas reivindicativos para denunciar a falta de atención pediátrica para os 1.600 menores de Viveiro, O Vicedo o Ourol, remarcan dende o PSdeG.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



