Pregúntase se hai alguén a fronte da Xunta, ante propostas como urxencias telemáticas nos PACs ou substituír persoal médico polo de enfermería
Santiago de Compostela, 18 novembro 2022. A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou que o BNG solicitará a comparecencia urxente do presidente da Xunta no Parlamento para que dea conta do “desastre que está poñendo en marcha na sanidade pública”, tras preguntarse á vista da sucesión de propostas disparatadas, “se hai alguén á fronte do Goberno da Xunta”.
“Está claro que non á vista de que este Goberno vai de ocorrencia en ocorrencia poñendo en risco a saúde dos galegos e das galegas”, denunciou Pontón en referencia ás últimas medidas anunciadas polo Executivo do PP, como atender as urxencias nos PACs usado telepantallas ou substituír persoal médico por persoal de enfermería. “Estamos ante unha nova chapuza”, incidiu desde Soutomaior, onde mantivo un encontro con produtores vitivinícolas.
Pontón denuncia que Goberno do PP “leva trece anos traballando para demoler a sanidade pública” e, os últimos anuncios, mostran que está nunha fuxida cara adiante, de aí que o BNG demande a comparecencia urxente de Rueda. “Ten que dar a cara e temos que parar o deterioro do noso sistema público de saúde da man dun PP que, cada vez, dá un paso máis, agora coa proposta de PACs sen persoal facultativo. Queremos que as urxencias se atendan presencialmente e queremos PACs nos que os médicos e médicas exerzan como tales e os enfermeiros e enfermeiras, tamén”.
A líder do Bloque volve reclamar a Alfonso Rueda “que deixe de poñer en risco a saúde e a vida dos galegos e das galegas e que dea un xiro de 180 graos na súa política de acoso á sanidade pública, porque coa saúde da xente non se xoga”, subliñou.
A portavoz nacionalista sumou ás últimas ocorrencias do PP aos trece anos de recortes e privatizacións que conduciron á situación na que hoxe se atopa a sanidade pública, cunha atención primaria colapsada con listas de espera de ata quince días para ter cita presencial nos centros de saúde, miles de usuarios e usuarias que non teñen médica asignada e nenos e nenas sen pediatra ao longo e ancho de Galiza. O Goberno do PP está empeñado “en demoler a sanidade pública, pero non imos deixar que o consiga”, concluíu.


















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



