Celebrouse unha misa en recordo das vítimas e colouse unha coroa de laurel ao pé do monumento ‘Os Castelos’
Viveiro, 7 de novembro de 2002. O Concello de Viveiro acolleu este domingo un acto en recordo das vítimas do naufraxio da fragata ‘Magdalena’ e do bergantín ‘Palomo’ presidido pola alcaldesa, María Loureiro, que estivo acompañada polo delegado provincial da Real Liga Naval Española xunto a outras autoridades civís e militares. Contou cola colaboración da Armada Española, o Coro ‘Sons do Celeiro’ e a Banda de ‘Cornetas e Tambores’ de Viveiro.
A homenaxe comezou cunha recepción no atrio da Igrexa Parroquial de San Juan de Covas, onde se celebrou unha misa en recordo das vítimas dun dos feitos máis terribles e dolorosos da historia de Viveiro. A comitiva trasladouse despois ata o Paseo Marítimo onde se atopa o monumentos aos náufragos ‘Os Castelos’ para depositar unha coroa de laurel ao pé da imaxe.
“Con este emotivo acto queremos homenaxear ás máis de cincocentas vítimas daquel naufraxio, que se converteu nunha das maiores traxedias marítimas ocorridas na costa española, un suceso horrible que tivo gran repercusión en toda España e que aparece recollido na literatura popular a través de coplas e romances; en diversas obras de arte, como é caso das pinturas de Xosé Luis Neira Brochs; ou no cómic creado por Primitivo Marcos Ferreiro, con motivo do bicentario deste tráxico suceso, nunha obra que recrea de forma minuciosa e detallista o afundimento”, subliñou María Loureiro sobre a catástrofe ocorrida na noite do 2 ao 3 de novembro de 1810.
“Estou convencida de que poucas cousas hai máis importantes para os veciños e veciñas dun pobo que coñecer o seu pasado e a súa historia, os acontecementos máis alegres e tamén os momentos duros e tráxicos”, continuou a alcaldesa de Viveiro, quen recuperou algunhas das verbas que recolleu Primitivo Marcos no cómic publicado con motivo do bicenterario da traxedia.
“Percorréronse as casas da vila e as aldeas na procura de canto puidese ser de axuda para socorrer aos feridos da catástrofe”, recordou antes de engadir: “As xentes do lugar, ricos algúns, pobres a maioría, abriron as súas casas, compartiron as súas meses e deron consolo e abrigo a cantos o precisaron”.
Tras esta citas, María Loureiro insistiu en que “igual que os veciños e veciñas de Viveiro actuaron naquel entón, cun comportamento exemplar, agora nos corresponde a nós manter vivo na lembranza e recordo daquel histórico suceso, honrando as vítimas de daquel naufraxio”.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



