Foz, 4 de novembro de 2022. Xa se coñecen os nomes dos gañadores dos 2.000 euros sorteados hoxe por AciaFozCCA dentro da campaña Este mes compras gratis no comercio de Foz, que se desenvolveu do 29 de setembro ao 29 de outubro.
As afortunadas con ata 100 euros en vales de compra son:
Mª Luisa Orol por unha compra realizada en Alba Vila Centro de Dietética e Nutrición
Yolanda Pedreira en Lourdes Moda Íntima
Rosa Novoa en Ferretería Fuente
Montse Tavares en Electrodomésticos Celso. Tien 21
Paloma Sixto en Alain Afflelou Optico
Ana Lamas en Chuvia
Os premiados con ata 200 euros en vales de compra son:
José Manuel Martínez por unha compra feita en N1
E Mª José Rivas en Pastelería Anduriña
A premiada con ata 400 euros en vales de compra foi:
Sofía Seijas en Infotec
E a Premiada con ata 600 euros en vales de compra foi:
Montserrat Maañón en Viajes Rodríguez
As afortunadas e afortunados poderán recoller os seus premios o vindeiro xoves, 10 de novembro, ás 20:15 horas nun acto que se desenvolverá diante do Concello de Foz.
Esta campaña foi organizada por AciaFozCCA e conta co patrocinio do Concello de Foz e da Xunta de Galicia. O sorteo tivo lugar esta mañá nas instalacións de Radio Foz. Ao mesmo asistiron o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCAA, Ana Segade.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



