A Mariña, 1 de novembro, 2022. O pasado domingo 30/10, no ámbito do encontro anual de Ingeniería Sin Fronteras (ISF) que se celebrou en Lugo, visitaron a comarca Oscos-Eo para coñecer a problemática de invasión eólica case unha treintena de membros de ISF de Galicia, Asturias, Euskadi, Navarra, Castilla y León, Aragón, Cataluña, Andalucía e Baleares. Contouse coa participación de integrantes das plataformas Xente de Oscos-Eo, Eólicos na Mariña Así Non, Stop Eólicos Negueira e Alto Miño Eólica Asi Non.
Reunidas na área recreativa do monte Pousadoiro en Castropol, cunha panorámica impresionante de toda a comarca, achegáronse a entender a magnitude da transformación que se pretende da nosa paisaxe da man das diferentes asociacións veciñais que están a posicionarse fronte ó expolio eólico.
A maiores de enumerar a ubicación dos polígonos eólicos previstos, explicaron os danos para a saúde, o medio e a economía local de aeroxeradores, liñas e pistas de acceso, e argumentaron a inviabilidade material e económica dunha transición orientada a manter un nivel imposible de consumo enerxético predominantemente urbano a costa da destrución do rural.
No período da tarde, se discutiron posibilidades de como ISF podería contribuir, tanto a nivel técnico (na análise técnica e/ou definición de alternativas ao modelo extractivista actual) como a nivel divulgativo (a través de artigos en prensa ou coa posibilidade de organizar visitas e obradoiros en escolas técnicas de enxeñería e institutos), así como a nivel de incidencia política.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



