A conselleira do Mar presidiu o pleno do Consello Galego de Pesca no que se analizaron as posibilidades de pesca fixadas para 2023 e outros asuntos de actualidade do sector
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu hoxe o pleno do Consello Galego de Pesca no que se analizou o resultado do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea no que se fixaron os totais admisibles de capturas (TAC) e cotas de 2023 en augas europeas e tamén outros asuntos de actualidade do sector como o veto á pesca de fondo. Neste sentido, a titular de Mar anunciou que a Xunta acompañará como parte coadxuvante á Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) no recurso que presentou contra o regulamento de execución aprobado pola Comisión Europea.
Rosa Quintana avanzou que o Consello da Xunta de mañá vai aprobar un acordo para que a comunidade interveña no proceso, o que lle permitiría responder aos argumentos da parte demandada -Bruxelas- e reforzar os da parte demandante, a OPP-7.
A representante do Executivo galego explicou que hai seis semanas de prazo para sumarse á demanda do sector unha vez que esta saia publicada no Diario Oficial da Unión Europea. Posteriormente será o Tribunal Xeral da Unión Europea o que deberá decidir sobre a demanda de intervención e, no caso de ser admitida, establecerá o prazo para a súa formalización.
A Xunta intensifica así o apoio que vén brindando desde o principio neste asunto tanto ao sector marítimo-pesqueiro afectado como ao Goberno central, que xa presentou o seu recurso. De feito, Galicia aportou ás dúas partes -Estado e frota- os argumentos técnicos e xurídicos necesarios para fundamentalo co obxectivo de que prospere.
A titular de Mar explicou que Galicia segue así os pasos marcados polos distintos expertos xurídicos consultados, que inciden en que un recurso liderado en solitario por unha comunidade autónoma tería poucas posibilidades saír adiante. Neste sentido, subliñan que a demanda do Estado é a mellor opción -pois é un actor privilexiado e ten máis fácil xustificar e fundamentar que é unha medida que prexudica os seus intereses- ao tempo que tamén cabe a posibilidade de que se presenten recursos individuais dos armadores afectados, como o da OPP-7.
Rosa Quintana incidiu en que Galicia vai seguir apoiando ao sector no seu obxectivo de facer fronte a unha medida que no seu primeiro mes de vixencia provocou un descenso das capturas do palangre de fondo de Gran Sol do 50% e dun 20% na facturación.
Outros asuntos
O pleno do Consello Galego de Pesca tamén analizou outros asuntos como o resultado do Consello de Ministros de Pesca da UE, sobre o que a conselleira indicou que Galicia só pode facer un balance negativo pois o acordo acadado apenas supón melloras en relación coa proposta inicial realizada por Bruxelas. Neste sentido, lembrou o caso do xurelo no Cantábrico e augas de Gran Sol, para o que se estableceu un TAC de 15.000 toneladas (3.000 para España) e condicionadas á pesca accesoria, o que pode complicar a actividade da frota de cerco galega que faena neses caladoiros.
Os representantes do complexo mar-industria galego tamén aprobaron o ditame elaborado polo grupo de traballo creado co obxectivo de analizar o Proxecto de Lei de Pesca Sostible e Investigación Pesqueira do Estado, sobre o que a conselleira apuntou que ten importantes eivas e que precisa importantes axustes para atender as necesidades do sector marítimo-pesqueiro galego.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


