Foz, 29 de decembro de 2022. Estrella Río García cumpriu 100 anos este martes, día 27, no seu domicilio de Cangas de Foz e celebrouno xunto ao seu fillo Emilio, a súa nora Esther e outros familiares, amigos e veciños. O alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, visitaron e agasallaron á centenaria cunha cesta floral a modo de felicitación, cariño e recoñecemento do Concello por cumprir un século de vida.
Ana Rojo explica: “recibiunos cun sorriso e bicos cheos de tenrura e fíxonos participes das súas vivencias. Estrella naceu en Fazouro, no barrio do Cachón, de onde lembra aos seus anteriores veciños e veciñas; despois duns anos trasladouse a vivir ao casco urbano de Foz co seu marido e fillos. Foi nai dun fillo aínda que criou tamén ao seu sobriño Moncho, ao que quere igual que ao fillo. A familia aumentou con cinco netos, un bisneto e outro que está a punto de nacer. Na vila focega residiu a maior parte da súa vida ata fai 5 anos, desde cando vive en Cangas, nunha paraxe natural pretiño da praia dos Xuncos. Coidada e mimada pola súa familia, con século de vida ás costas, cada día levántase, vístese soa, fai a cama, ademais de dar os seus oportunos paseos polo xardín da casa. A súa nora Esther contounos que Estrella é unha muller moi traballadora, disposta e vital, con moita determinación á hora de aportar ingresos para o benestar da súa familia. Gustáballe moito bailar e viaxar, e así o facía sempre que podía. Outras das súas afeccións nas que destacaba era a calceta e a costura, dedicada sempre a facer roupa para os da casa”.
A concelleira de Servizos Sociais engadiu: “compartimos con Estrella parte da tarde, comprobando con que ilusión e ímpeto sopraba as velas, dando boa conta da súa saborosa torta de aniversario e do café azucrado, como a ela lle gusta. Felicidades a Estrella e á súa alegre familia, que nos recibiron amablemente e fixéronos partícipes de anécdotas e situacións vividas pola homenaxeada, deixándonos compartir un anaquiño do seu tempo nun día tan especial. Desexámoslle un feliz aniversario a dona Estrella e bo Nadal!”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



