O candidato á alcaldía, Javier Castiñeira, lembrou que as do 2023 serán as cuartas eleccións ás que se presentará e destacou que “o PP ofrecerá certezas, traballo, responsabilidade e determinación para sacar as cousas adiante”
Foz, 10 de decembro de 2022. Javier Jorge Castiñeira, actual portavoz popular en Foz e na Deputación, será de novo o candidato do PP á alcaldía de Foz. Así se deu a coñecer hoxe no transcurso da homenaxe tributada ao ex concelleiro, xa falecido, Pedro Fernández Manín, na que, entre outros participaron, a secretaría xeral do PPdeG, Paula Prado; a presidenta provincial do PP, Elena Candia; o coordinador xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro; o secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal, e Javier Castiñeira, que asegurou que ten “a mesma ilusión ou máis que a primeira vez, e teño o mesmo convencemento ou máis de que o mellor equipo e o máis preparado será o que presentará o PP”.
Paula Prado puxo en valor que Javier Castiñeira e o seu equipo herdaron en 2011 “un concello arruinado por un goberno socialista” e foron quen de deixalo en 2019 como “un concello con futuro e con proxectos que melloraron a calidade de vida dos veciños”. Por isto, animou á agrupación local a traballar para “conseguir que o próximo 28 de maio Foz volva tinguirse de azul e continúe na senda da que nunca tivo que desviarse”. “A candidatura de Javier Castiñeira constitúe unha alternativa solvente e con experiencia fronte a un alcalde socialista que durante catro anos só se dedicou a botar balóns fóra e a calar ante os continuos agravios de Pedro Sánchez a Galicia e á Mariña lucense”, afirmou a secretaria xeral dos populares galegos. A continuación, engadiu que é o momento de que, da man do Partido Popular, os veciños de Foz “recuperen un goberno que vele polos seus intereses, que teña na defensa do seu benestar a súa única motivación e que loite por un concello e unha comarca prósperas e con futuro”. “Precisamos ter unha maioría absoluta para poder gobernar e sabemos que podemos conseguila, porque somos maioría fronte ás políticas socialistas e nacionalistas que en nada benefician nin a España, nin a Galicia, nin a Foz”, concluíu.
Así mesmo, a secretaria xeral quixo sumarse “a título persoal e en nome de todo o Partido Popular de Galicia” á homenaxe a Pedro Fernández Manín, destacando a súa xenerosidade, a súa capacidade de diálogo, a súa preocupación por resolver os problemas dos seus veciños e o seu sentido da xustiza como “valores que dignifican a política” e que constitúen “un exemplo a seguir”.
A presidenta provincial do PP, Elena Candia, puxo en valor a xestión efectuada por Javier Castiñeira e os seus compañeiros, sinaladamente Pedro Fernández Manín, durante os oitos anos que gobernaron o Concello de Foz. Resaltou o alto nivel inversor e de cumprimento dos compromisos adquiridos cos veciños de Foz. Expresou o compromiso do PP cos veciños de Foz e con Javier Castiñeira para recuperar a alcaldía. Candia puxo en valor igualmente a capacidade de diálogo demostrada por Castiñeira, e o seu equipo, durante os oito anos que gobernou, en minoría. A presidenta dos populares lucenses lembrou tamén a capacidade demostrada por Castiñeira e o seu equipo para atraer investimentos para Foz.
O coordinador xeral e portavoz provincial dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, destacou que “o PP, durante os oito anos que gobernou Foz con Javier Castiñeira na alcaldía, fixo un gran labor, un gran traballo, unha gran xestión”. Indica: “Agora os focenses van ter ocasión de comparar as obras que se fixeron durante os mandatos do Partido Popular e as que se fixeron neste último, que practicamente foi ningunha”..
Javier Castiñeira, polo seu lado, destacou ao homenaxeado e o seu traballo no Concello. “Pedro e eu eramos máis que amigos, eramos compañeiros, compartimos momentos moi importantes, obxectivos comúns e un sentimento, o de facer o ben para o pobo; quizá a xente nos recorde dos anos nos que compartimos goberno como un alcalde e un tenente de alcalde en plena sintonía. Non é unha casualidade, polo tanto, que quixeramos compartir este acto de homenaxe a Pedro e o meu nomeamento como candidato para as eleccións municipais polo PP”.
Castiñeira sinalou: “O proxecto que naceu no 2010 tiña por obxectivo servir a Foz dende as siglas do PP e facelo dende a humildade e a honradez, con cercanía, con xustiza para todos e traballando en equipo, con lealdade entre nós, que foi o que nos levou a conseguir os obxectivos”. Manifestou: “Os valores do PP de Foz son os mesmos que no ano 2010; non é casualidade que coincidan estes dous actos porque o sentimento de lealdade e compromiso é o que me leva a min a asumir novamente este reto. Serán as cuartas eleccións que disputo e podo asegurar que teño a mesma ilusión ou máis que a primeira vez, e teño o mesmo convencemento ou máis de que o mellor equipo e o máis preparado será o que presentará o PP”. Nesta ocasión “os veciños poderán comparar dous modelos: por un lado, o de equipos de verdade, que funcionan, no que todos suman e no que todos fan falla, ou e un equipo como de o de agora, bipartito, de dez concelleiros que ao final no pleno levantan a man e nos que só un ordena e manda, que é a situación que estamos a vivir hoxe en Foz”.
Castiñeira di que, como sempre, “o PP ofrecerá certezas, traballo, responsabilidade e determinación para sacar as cousas adiante”. Lembrou que nos oito anos en que o PP gobernou “transformamos as rúas comerciais de Foz e o porto, reformamos as instalacións deportivas, trouxemos o urbanismo a Foz co PXOM e os inventarios de camiños e de bens públicos, transformamos as festas importantes de Foz, construímos unha residencia da terceira idade, reformamos colexios, xestionamos a nova depuradora”. Acepta o reto electoral “con total convencemento de que somos a mellor opción para gobernar e que non estaremos solos”. Está convencido de que “todo está a cambiar porque a xente non aguanta máis mentiras políticas como as de Sánchez e as de Tomé na Deputación ou mesmo do alcalde que temos en Foz, que por permanecer no goberno venden a quen sexa ou como sexa”. Sinalou: “No 2023 Feijóo será presidente do Goberno, Elena Candia alcaldesa de Lugo e o PP gobernará na Deputación e na Xunta; será o ano no que o PP de Foz volverá a gañar as eleccións e a xestionar este pobo como se merece”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



