A Mariña, 1 de decembro de 2022. Máis de 140 persoas participaron na cuarta edición de A Mariña en Ruta, que arrincaba o pasado mes de outubro. Foron 10 os itinerarios realizados por esta iniciativa da Mancomunidade de Concellos, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo.
O pasado sábado 26 de novembro rematou a cuarta edición do programa A Mariña en Ruta, cun itinerario guiado en Barreiros sobre a vida no ecosistema da ría de Foz-Masma. Este percorrido puxo o broche final ao programa de visitas e actividades guiadas deste ano, iniciativa promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, e que convida a coñecer o entorno natural, a historia, a etnografía e a arqueoloxía dos diferentes concellos da Mariña Lucense.
O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, subliñou que “nesta edición de 2022 participaron un total de 142 persoas repartidas nas dez actividades realizadas entre outubro e novembro -meses escollidos para sumar argumentos que favorezan a desestacionalización do destino-, afianzando o éxito dunha iniciativa xurdida en 2020 e que este ano contou coa colaboración da empresa de turismo activo Volta Montana para a súa coordinación e execución”.
Tania Hermida, a axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, explicou que: “as diferentes rutas abrían as portas a coñecer os atractivos da Mariña cunha ollada mais próxima, con propostas tan diversas como o bateo de ouro en Alfoz; as pegadas do pasado na costa de Xove; a ruta dos Fornos e Mina Consuelo en A Pontenova; O Vicedo, como porto das xentes do norte; o asentamento castrexo e a vila medieval de Burela; a ruta dos Pozos do Valadouro; a figura do Conde Santo e a peregrinación medieval en Lourenzá; o pasado e natureza de Trabada e a biodiversidade e as aves da ría de Foz”.
E dixo que “estes itinerarios, diversos e inclusivos, e seleccionados nun exercicio de compensación que define todas as edicións, foron guiados por expertos anfitrións do territorio, como Boris Vilar, Lidia de la Fuente, Sofía López, Saúl Román, Fran Canosa, Pedro Rolle, Manuel Anllo Centeno e Tiolina das Minas, poñendo en valor o capital humano especializado que traballa no territorio”.
O programa, que foi presentado en setembro deste ano, contaba cun espazo de reservas directas na páxina web da Mariña Lucense Turismo amarinalucense.gal e contou cunha ampla difusión a través de redes sociais, prensa escrita e online e radio.
Éxito desta edición 2022
Cajoto Caserío referiuse á boa acollida deste programa: “desde a súa posta en marcha, o programa de visitas conta cun elevado grado de aceptación e satisfacción, considerando novamente nesta edición o 100% dos participantes que debería ter continuidade no tempo, que dinamiza a oferta cultural da Mariña Lucense e que recomendaría a experiencia a outras persoas. A valoración xeral da iniciativa foi de 9,5 sobre un máximo de dez e os guías -peza fundamental da proposta- foron tamén moi ben valorados cun 8,9 sobre 10”.
E engadiu que “a maioría dos participantes procedían da provincia de Lugo con participación tamén de visitantes da Coruña (12%) e Asturias (8%). A idade media foi de 48 anos e houbo unha maior presenza feminina (65%)”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



