A administración local vén de adquirir por medio dunha poxa pública a parcela e o esqueleto por un valor de 9.997,85 euros “completando así un longo e complexo proceso administrativo que foi a teima deste equipo de goberno nos últimos anos”
Cervo, 3 de decembro de 2022. O Concello de Cervo é xa o titular das dúas edificacións que están situadas na zona da Atalaia logo dun “longo e complexo proceso que culmina agora” coa adquisición, por medio dunha poxa pública, do esqueleto e da finca de 1.658,42 m2 na que foi levantado no ano 2007.
Así o anunciou o rexedor, Alfonso Villares, quen amosou a súa ledicia e a de todo o equipo de goberno por poder, por fin, cumprir o obxectivo que levamos moitos anos perseguindo “de recuperar e poñer en valor o xacemento arqueolóxico do Castro da Atalaia, reparando toda a panorámica da zona”. tendo en conta que o edificio que está ao seu carón é xa de titularidade municipal desde o ano 2021 “cando materializamos a compra”.
Con respecto ao esqueleto, Villares recordou, que o edificio xunto cos terreos, saíu a poxa logo dos trámites administrativos realizados desde o Concello o que permitiu chegar a esta situación. Un camiño que non foi nada sinxelo de percorrer –explica- e que nos fai retrotraernos varios anos atrás, “no 2019 iniciouse un informe técnico de reposición da legalidade, que desembocou en tres multas coercitivas; por un valor total de 13.000 euros; e entremedias aprobouse tamén o Plan Especial de Protección do Xacemento da Atalaia”. Todos estes pasos previos permitíronnos chegar agora a esta situación tan favorable de ser o Concello de Cervo o titular da estrutura e da parcela na que foi levantada no ano 2007, e que pretendía albergar 42 vivendas, con garaxes e rochos, en 7 niveis diferentes.
Ao ser xa municipais tanto o edificio como o esqueleto, agora desde o Concello “estamos intentando axilizar ao máximo os trámites” para acabar co feísmo paisaxístico nesta zona; de feito –apunta Villares- xa se fixo a acta de replanteo da obra para acondicionar unha praza neste barrio da Atalaia coa presencia da empresa adxudicataria, dos directores de obra e do persoal da Xunta de Galicia.
Cabe recordar, que esta actuación está enmarcada no plan Hurbe da Xunta de Galicia que xa adxudicou o proxecto por un importe que supera os 400.000 euros, financiado ao 70% pola Administración autonómica e o 30% restante polo Concello de Cervo.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



