A subdelegada agradeceu a colaboración dos concellos “pois este programa non sería posible sen a súa implicación” e destacou que a realización de Certificados Dixitais e darse de alta no Sistema Cl@ve son os servizos máis demandados
Lugo, 3 de decembro de 2022. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe que o plan estatal a “Administración Cerca de Ti” chegou a 13 concellos da provincia nas dúas primeiras semanas do programa, ofrecendo as ferramentas da administración dixital aos veciños e veciñas destas localidades. Esta iniciativa, enmarcada nas políticas de reto demográfico, do Ministerio de Política Territorial en colaboración coa FEMP, permite avanzar na eliminación da fenda dixital no territorio. Concretamente, os primeiros municipios polos que pasou son Guitiriz, Castroverde, Palas de Rei, Cervo, Paradela, Castro de Rei, Xove, Guntín, O Páramo, Monterroso, Pol, Lourenzá e Mondoñedo.
“Este Goberno traballa para dar ferramentas dixitais á poboación do rural e agora, tamén, para ensinar a aproveitalas nas súas relacións coa administracións”, sinalou a subdelegada quen subliñou a necesidade de estar presentes en toda a provincia, independentemente do seu tamaño, ofrecendo un servizo de proximidade.
Isabel Rodríguez puxo en valor a colaboración dos concellos “pois este programa non sería posible sen a súa implicación” e destacou que a realización de Certificados Dixitais e darse de alta no Sistema Cl@ve son os servizos máis demandados pola cidadanía.
Así mesmo, agradeceu o traballo dos funcionarios e funcionarias públicas da Subdelegación do Goberno en Lugo que dende o pasado 15 de novembro están a percorrer, cos seus equipos tecnolóxicos, os pobos lucenses, para ensinar ás persoas interesadas a relacionarse coa Administración de forma dixital, resolver dúbidas e tramitar, entre outros, o certificado dixital, imprescindible para moitas xestións e que só se pode tramitar na presenza física da persoa que o solicita.
En total, “A Administración Cerca de Ti” pasará por 59 dos 67 concellos da provincia de Lugo. Actualmente, a Administración Xeral do Estado ofrece a posibilidade de realizar de xeito dixital a maior parte das xestións e das comunicacións con seus departamentos. Dende trámites básicos como as prestacións, o pago de impostos, permisos de condución, aboamento de taxas públicas, solicitudes de axudas ao estudo ou certificados de vida laboral, ata a solicitude de subvencións, que en moitos casos só se pode xestionar telematicamente.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


