Ribadeo, 3 de decembro de 2022. A obra Oceanía, que interpreta o famoso actor Carlos Hipólito, representarase en Ribadeo o día 10 deste mes, sábado, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Esta peza teatral é o testamento artístico e vital do prestixioso director Gerardo Vera, falecido de coronavirus en 2020.
As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).
O actor madrileño Carlos Hipólito leva máis de 40 anos sobre os escenarios e ten unha amplísima traxectoria en teatro, cine e televisión. Leva 20 anos sendo o narrador da exitosa serie de TVE Cuéntame cómo pasó, na que ademais interpretou o papel de Carlos Alcántara adulto en 14 episodios emitidos en 2021.
En teatro Carlos Hipólito representou aos autores más importantes (Lope de Vega, Shakespeare, Lorca, O’Neill, Tirso de Molina, Pirandello, Brecht, Schiller, Valle Inclán, Calderón, Moliere, Tolstoi, Mamet, Arthur Miller, etcétera) da man de directores como Miguel Narros, José Carlos Plaza, Lluis Pasqual, Adolfo Marsillach, Pilar Miró, Jaime Chavarri, José María Flotats, Mario Gas e Gerardo Vera entre outros. Formou parte en diversas ocasións de compañías institucionais como o Centro Dramático Nacional ou a Compañía Nacional de Teatro Clásico. O seu traballo como actor de teatro foi recoñecido con numerosos premios: o Ricardo Calvo, do Ayuntamiento de Madrid (en dúas ocasións); o Ojo Crítico, de Radio Nacional; o da Unión de Actores (en oito ocasións); o Valle‐Inclán; o Max (en tres ocasións); o Fotogramas de Plata ou Premio Nacional de Teatro José Isbert, entre outros. En 2005 foille concedido o Premio de la Cultura de la Comunidad de Madrid pola súa traxectoria teatral. En 2018 recibiu o Premio Corral de Comedias do Festival Internacional de Almagro pola súa contribución ao teatro Clásico. E en 2020 o Ministerio de Cultura concedeulle a Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes.
En cine participou en 30 películas con directores como Carlos Saura, Mario Camus, Pilar Miró, Mariano Barroso, Miguel Hermoso, Gerardo Vera e José Luis Garci, entre outros. Polo seu traballo como actor no cine recibiu varios premios, entre eles o Francisco Rabal, da Semana de Cine de Murcia; a Palmera de Plata, do Festival de Elche, o Luis Ciges, do Festival de Islantilla; e unha nominación ao premio Goya no ano 2003 por Historia de un beso, de Garci.
En televisión, ademais da súa destacada participación en Cuéntame cómo pasó, estivo en máis de 40 producións, moitas delas series como Desaparecida (TVE), Guante blanco (TVE), La duquesa (Tele5), Vis a vis (Antena3) o Caronte (Tele5), entre outras. Polo seu traballo como actor en televisión recibiu o premio da Unión de Actores en dúas ocasións e tres nominacións aos premios da Academia de Televisión, como mellor actor protagonista polas series Desaparecida, Guante blanco e Vis a vis.
O coautor da obra, José Luis Collado, explica que “Oceanía es el testamento artístico y vital de Gerardo Vera. Es el último proyecto que parió antes de que el coronavirus se lo llevara prematuramente, y sin duda el más ilusionante de los miles de trabajos realizados a lo largo de su medio siglo de carrera en pantallas y escenarios. Oceanía es el recuerdo de una vida apasionante. Es el retrato de un país y de una época. Es la mirada otoñal de un hombre excepcional que un buen día sintió la necesidad de poner negro sobre blanco la historia de su vida. Cientos de páginas en las que plasmó sin pudor una realidad tamizada por el velo del recuerdo: su infancia privilegiada, la dolorosa ruina de su familia, el nacimiento de su eterno amor por el cine, el descubrimiento del amor, el desgarro del desamor, el compromiso político, el odio al padre, la reconciliación a través de la compasión. Y el germen del teatro, su verdadera pasión que le acompañó hasta sus últimos días. Oceanía es el resultado de la destilación de esas páginas en forma de monólogo. Es un texto en el que Gerardo y José Luis Arellano trabajaron mano a mano durante meses, y cuyo resultado final, este que aquí presentamos, le llenaba de orgullo. Oceanía es un sincero y profundo homenaje póstumo de su familia teatral, encabezada por Carlos Hipólito, que con gran generosidad se mete en la piel de Gerardo sin Gerardo, y José Luis Arellano, que recogió el testigo de su maestro y amigo para terminar lo que él había empezado”.





















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



