Castiñeira di que “Tragsa úsase para tapar furados onde os socialistas teñen problemas na xestión ou en áreas nas que son ineficaces como é a limpeza de edificios públicos, incluso o SAF nalgún concello e mesmo un contrato maior, por máis dun millón de euros, para proxectos na reserva da biosfera”
Lugo, 30 de decembro de 2022. O goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, usa a empresa pública Tragsa como comodín que tapar as deficiencias da súa xestión. Neste ano que remata, o goberno de Tomé adxudicou a Tragsa, como sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, encargos por valor de tres millóns de euros, ben directamente para a propia Deputación ben para concellos. “Parécenos -di Castiñeira- absolutamente excesivo, sobre todo cando a acción de Tragsa costou 8.225 euros e con iso esta sociedade no 2022 tivo encargos por parte da Deputación de Lugo, sen concorrencia competitiva ningunha, por máis de tres millóns de euros”.
Os populares cren que é un asunto “grave” e “dunha absoluta falta de transparencia”. Castiñeira explica: “O máis claro exemplo é unha vez máis o contrato de mantemento de xardíns, que acaba de ser prorrogado hai poucos días en xunta de goberno: 850.000 euros ao ano. É un servicio que custaba moito menos cando o facía Suplusa, pero o grave é que ademais séguense contratando empresas externas para facer traballos que antes facían os traballadores de Suplusa, como é a limpeza do polígono de Begonte. Tragsa usa aqueles traballadores en encargos que non teñen nada que ver co que facían antes, incluso achegándose a concellos para tarefas que non son propias de áreas da Deputación de Lugo”.
O portavoz popular sinala: “Esta é a realidade dun contrato do que consideramos que se fai un uso desmedido; Tragsa estase usando para tapar furados onde os socialistas teñen problemas na xestión ou en áreas nas que son ineficaces como é a limpeza de edificios públicos, incluso o SAF nalgún concello e mesmo un contrato maior, por máis dun millón de euros, para proxectos na reserva da biosfera”.
Castiñeira denuncia que “a Deputación de Lugo deixa de lado ás empresas lucenses e vólcase en Tragsa porque lle resulta moito máis sinxelo e é moito menos transparente”. Engade: “Esa é a dinámica que quere denunciar o PP e lembrar eses máis de tres millóns de euros en encargos da Deputación neste ano simplemente por haber comprado unha acción no 2020 por 8.225 euros”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



