Ribadeo, 22 de decembro de 2022. Os locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo desfrutarán dunha ampliación de 2 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza durante as madrugadas das principais datas destas festas de Nadal.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo o xerente, Jesús Pérez, explica que “no dia de hoxe vimos de lembrarlles aos nosos asociados e asociadas a resolución do Concello de Ribadeo pola que so os establecementos membros de Acisa Ribadeo contarán con 2 horas mais de autorización para poder traballar nestas datas de Nadal. Grazas a esta ampliación, tramitada por Acisa ante o Concello de Ribadeo, estamos a falar de que nas datas indicadas, os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e salas de festas de 06:00 a 08:00; e os pubs das 04:00 ás 06:00 da madrugada”.
Pérez Prada indica que “os locais asociados de Acisa Ribadeo contan cunha copia da autorización, que engloba todas as madrugadas dende o 22 de decembro ao 6 de xaneiro con motivo do Nadal”.
E engade: “cremos que é unha gran vantaxe para os membros da nosa asociación poder abrir nestas datas dúas horas mais, co que iso implica especialmente neste ano de total normalidade e sen restrición algunha pola pandemia. Favorecemos así aos restaurantes que queiran alargar os servizos de ceas especialmente o día 31, así como aos pubs e discotecas, que non so se van beneficiar nestas dúas datas sinaladas, 24 e 31 de decembro, nas que a cidadanía sae festexar, senón tamén nos días de semana, nos que especialmente a xuventude poden aproveitar”.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, subliña que “desta ampliación horaria pódense beneficiar unicamente os locais asociados de Acisa Ribadeo, xa que nos encargamos dende a nosa entidade de xestionalo. A Policía Local e a Garda Civil conta co listado dos establecementos que se poden beneficiar desta ampliación horaria que son, como dicimos, os socios e socias de Acisa, así como con copia da autorización emitida”.
Cruzado Iglesias indica que “os establecementos que non son asociados nosos e aos que lles poda interesar este servizo que se ofrece, aínda poden darse de alta na nosa entidade para ter a posibilidade de traballar dúas horas mais nestas datas. Dende Acisa Ribadeo creemos que o custo que lles pode supoñer a cota dun ano, compensa os beneficios que poden obter grazas a ter dúas horas mais de licenza, especialmente a pubs ou salas de festa, polo que animámolos a unirse á grande familia de Acisa Ribadeo”.
Recollida de alimentos para Cáritas
Por outra banda, a presidenta da patronal ribadense comentou que “este luns rematou a recollida solidaria para Cáritas na que colaborou Acisa. En primeiro lugar, queremos agradecer a Cáritas Ribadeo o traballo que realiza. E en segundo lugar, aos máis de 20 establecementos que se habilitaron como puntos de recollida e por suposto ás persoas que colaboraron nesta recollida. Nesta ocasión recibimos arredor duns 200 quilos de alimentos. Estamos agradecidos por esta axuda para os que mais a necesitan, é máis que benvida, sobre todo neste momento. Agardamos que a solidariedade nos siga a guiar a todas e a todos no vindeiro ano 2023”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



