De Tik Tok e opio, por se quedaba dúbida…
Tik Tok. É unha aplicación en alza. Vídeos cortiños sobre calquera cousa, que fan engancharse sobre todo á xente nova, que comprende mellor o sistema e sácalle máis partido a base de adicarlle máis e máis tempo. Unha aplicación que se usa no móbil e que tende a consumir todo o tempo dispoñible e máis que se tivese. Unha especie de mistura de Youtube, Instagram e Facebook, que produce máis adicción, de secuencia máis rápida, e máis pasiva. E, en contraste coas outras citadas, de orixe non norteamericano, non ‘occidental’, senón chino, ‘oriental’.
Opio. Droga. Ven comparándose, por exemplo, a relixión como ‘opio do pobo’ dende antes de que Marx popularizara a cita, asociando o termo a substancia indutora de vicio e mala vida. Lémbraste das guerras do opio que propiciaron a submisión da China ás potencias occidentais? -por certo, co opio pagábase o descompensado comercio con ese xa daquela industrioso país-. Con esa submisión deu comezo un período aciago para o Imperio do Medio. A submisión da xente o que naquel momento era considerado un vicio abstraínte e idiotizante -houbo outros momentos e lugares nos que non foi así-. Foi occidente o que impuxo a non proibición do uso de opiáceos que mantivo ós chinos -e á China- submisa.
E agora, hoxe. Hoxe usamos diversos avances tecnolóxicos, nunha espiral á que polo momento non se lle ve fin. Mais o avance non ten por que ser bo, no mesmo sentido que cando na ditadura se contaba o chiste ‘Estábamos diante dun precipicio. Hoxe demos un paso adiante’. O caso é o uso que se faga do avance científico ou tecnolóxico. Avanzar implica a apertura de posibilidades en tódolos sentidos, bos e malos. Hai tempo lembro ter discutido sobre a bondade dos avances tecnolóxicos, e certamente, depende do uso que se faga deles, e, nese sentido, da formación da xente para afrontar o seu uso. Que conste que nesa discusión, fun eu quen cambiou a idea ó final, non o meu contertulio.
Insisto: un avance, unha novidade, pode ser bo, pero non ten por que selo. Todo depende como e para que se use. Unha mesma tecnoloxía pode servir para producir enerxía ou para facer armas. E mesmo xa producida, un arma como un coitelo pode usarse para matar, pero tamén para moitas outras cousas, dende para cortar a comida a pelar unha rama para facer un bastón de apoio.
Tik Tok pode ser unha enorme perda de tempo, uso maioritario en occidente, ou unha ferramenta de formación, como está tentando regular o goberno chino coa versión interna, Douyin. O opio tamén pode ser usado como analxésico ou sedante no marco da medicina, ou constituír un problema de saúde pública e contribuír a marcar o ritmo dunha sociedade. O opio contribuiu a manter soxuzgada a China durante moito tempo, viciando o seu pobo. Semellanzas abondo como para considerar o xeito de uso e abuso do outro termo da comparación, Tik Tok, como último exponente dunha tecnoloxía que levou á interconexión e acceso instantáneo ó coñecemento, pero tamén a unha morea de posibilidades de sinxelas perdas de tempo idiotizantes.



















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



