As institucións estatais están a vivir quizais a súa peor crise dende a aprobación da Constitución no 1978, quitando a xerada pola rebelión de Tejero, Miláns e Armada o 23-F de 1981. As actitudes da dereita e extrema dereita españolaa e tamén da propia esquerda española semellan reflectir que xa non hai consenso sobre as regras de xogo que rexen a elección e funcionamento das principais institucións do Estado. Do Tribunal Constitucional (TC), do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e das Cortes Xerais.Prodúcese así unha grave crise que xa se desenvolveu entre 2010 e 2018 canto á Constitución territorial , coa sentenza que declarou parcialmente a nulidade dun Estatut xa plebiscitado pola cidadanía catalá e coa definición maximalista dun artigo 155 con potencial para limitar substancialmente o dereito á autonomía constitucional, cesando Gobernos e disolvendo Parlamentos autonómicos, fronte á interpretación dos xuristas coetáneos da Constitución (como Gil Robles y Gil Delgado ou García de Enterría) de só poder limitar determinadas accións deses Gobernos.
PSOE, UP e Más País coñecen perfectamente a xurisprudencia constitucional que prohibe introducir emendas no trámite lexislativo de proxectos e proposicións de lei cando nada teñen a ver esas emendas coa materia da proposta. É dicir, introducir emendas con regras sobre a elección e asunción do cargo de persoas maxistradas do TC ou sobre como ha debater o CXPX a elección dos seus dous representantes no TC, como se está a facer, é inconstitucional. Por certo, cómpre lembrar que a primeira vez que tal se fixo foi por parte do PP no 2003, durante o aznarato, cando se quixo introducir na Lei de Arbitraxe unha emenda para crear o delicto de convocatoria de referéndums ilegais, dirixido contra a iniciativa de novo Estatuto de Estado asociado do lehendakari Juan José Ibarretxe.
Mais a reacción do PP, Vox e Cs sobarda con moito a gravidade das condutas da esquerda española, ao recorrer non leis xa aprobadas , senón querer parar os trámites de aprobación desas leis. A actuación parlamentaria hase mover nos marcos do Estado de Dereito, mais o control sobre os seus actos e leis ha ser a posteriori, logo de que estes actos e normas nazan á vida xurídica e nunca antes. A gravidade desta pretensión aínda é máis notábel se nos decatamos que vai ser decidida por maxistrados co cargo constitucional caducado, caducidade directamente vencellada coa decisión da dereita española de boicotear calquera anovamento do TC e CXPX que pense lle pode prexudicar.
En calquera caso, a esquerda española está a sofrir as resultas da doutrina do “a por ellos” desenvolvida no procès catalán, cando o TC interrompeu varias veces procesos parlamentarios sen agardar a que se adoptasen as correspondentes decisións pola Cámara catalá. Calaron daquela e agora veñen por eles.

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



