Ribadeo, 29 de decembro de 2022. Vilaselán é a primeira parada do punto limpo móbil, adquirido polo Concello de Ribadeo hai unhas semanas para dar servizos ás parroquias.
En Vilaselán, carón da escola, estará ata o 12 de xaneiro. Despois estará situado do 12 ao 26 de xaneiro no campo da festa de Piñeira; do 26 de xaneiro ao 9 de febreiro na área recreativa de Vilaframil; do 9 ao 23 de febreiro estará no Círculo Habanero na Devesa; do 23 de febreiro ao 9 de marzo no campo da festa en Santalla de Vilausende; do 9 ao 23 de marzo a carón da escola de Couxela; do 23 de marzo ao 5 de abril na escola de Cedofeita; do 5 ao 20 de abril a carón da escola de Couxela; e do 20 de abril ao 4 de maio no teleclube de Arante.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, subliña que “unha vez rematada esta primeira quenda en maio, seguirá a segunda rotación na mesma orde e así ata principios do 2024. O calendario xa está feito e hoxe comezou a aplicarse.
O edil lembrou que “hai unhas semanas colocamos un punto limpo de proximidade en Rinlo e adquirimos este móbil no que a veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá depositar residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera”.
Díaz Freije subliñou que “con isto damos un pasiño máis para consolidar a reciclaxe e para achegala un pouquiño máis ás familias, aos veciños e ás veciñas, intentando que todo o mundo deste concello se conciencie cada vez máis. Algo que será máis sinxelo ao contar cuns puntos de proximidade ao alcance de cada un de nós”.
Ata Vilaselán se desprazaron hoxe os concelleiros de Medio Rural e Medio Ambiente, Marcos Villamil e Jorge Díaz.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



