O encontro foi presidido polo presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, o Reitor da USC, D. Antonio López Díaz e o Delegado do Reitor para o Deporte D. Javier Rico que presentan un acordo para promocionar o deporte
Burela, 17 de decembro, 2022. Esta tarde ás 18.30 horas disputouse o Pescados Rubén Burela FS – LTBL Futsal Alcantarilla no Pavillón Vista Alegre de Burela. O encontro foi presidido polo presidente do club, Manuel Blanco Fanego, o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, D. Antonio López Díaz e o Delegado do Reitor para o Deporte D. Javier Rico, que visitaron a localidade no marco do acuerdo de colaboración entre a USC e o equipo mariñán para promocionar o deporte entre tódolos membros da comunidade universitaria e na cidadanía en xeral, así coma fomentar a igualdade, a tolerancia e a inclusión neste ámbito. Tras visitar as oficinas da entidade trasladáronse ao pavillón onde se celebrou o encontro.
Por outra parte, a colaboración do club coa campaña de Cruz Vermella “Os seus dereitos en xogo”, consistente en regalar unha entrada por cada xoguete novo entregado, foi un éxito. Numerosas familias da localidade puxeron o seu grao de area e recolectáronse moitos xoguetes para que os nenos e nenas que os necesiten poidan desfrutar deles dende estas Navidades.
Despois dun encontro moi sufrido na 3ª eliminatoria da Copa el día 6 deste mesmo mes en Murcia, onde as burelás chegaron á prórroga nun día con pouco tino, nesta ocasión estivieron moi acertadas. O encontro destacou pola gran calidade das Guerreiras Laranxas, que foron moi superiores ao equipo murciano durante todo o xogo. No minuto 5 Antía abre o marcador 1-0 para o Burela e pouco despois, no minuto 6 Irene Samper comeza a súa goleada metendo o seu primeiro tanto do día e o segundo do equipo. No 7 suma o 3-0 e posteriormente no 12 o 4-0. Na segunda parte culmina o partido co 5-0 no minuto 28 e ata case o final do encontro no que Ana Pino consegue o 5-1 a segundos do final. As xogadoras do Pescados Rubén Burela FS demostraron hoxe a súa grande evolución ao longo da tempada, según Julio Delgado, “Vimos a moi boas xogadoras hoxe, Antía medrou moitísimo hoxe, Patri, xogadoras que levan pouco tempo aquí en Burela e cada vez van collendo máis peso”, pero tamén hai que destacar o xogo de Irene Samper, con 4 goles recén chegada de xogar coa selección e co desgaste que conleva. Según a entrenadora do equipo rival, Alicia Morell “de principio a fin creo que o Burela foi moi moi superior, sobre todo cando Irene Samper ten ese nivel… facía tempo que non vía unha xogadora con ese nivel tan superior ao resto”
Con outra victoria máis para rematar o ano o Burela FS manténse segundo na clasificación e continúa empatado co Poio que tamén se levou hoxe os 3 puntos contra o MSC Torrelablanca.
Ficha Técnica:
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Jenny, Antía, Patricia, Emilly, – cinco inicial- Dany, Cilene, Dasha, Irene Samper, Masha, Sonya y Jozi Oliveira (P).
LTBL Futsal Alcantarilla: Irene Franco (P), Blanca Ibáñez Camacho, Marta de los Riscos, Paola Cartagena Ceballos, Iraia Romero – cinco inicial- Ana Belén Egea Fernández, Elisabet Carrasco Bonet, Raquel Martinez Sadoc, Ana Pino, Carla Ayensa, Melli, Elena García Martos, Ana Romero (P).
Goles: Min.5 Antía 1-0; Min.6 Irene Samper 2-0; Min.7 Irene Samper 3-0; Min.12 Irene Samper 4-0; Min.28 Irene Samper 5-0; Min.39 Ana Pino 5-1.
Equipo Arbitral: Iria de Luis Iglesia y Javier Menéndez Nistal.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

