A Mariña, 10 de xaneiro de 2023. A Mariña Lucense volverá estar presente en Fitur do 18 ao 22 de xaneiro da man de Turismo de Galicia presentando a nova campaña turística: Descubre A Mariña Lucense. Vive o norte de Galicia ante autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector.
O vídeo principal desta nova estratexia de comunicación formará parte do acto de presentación da Mariña Lucense que terá lugar o xoves, 19 de xaneiro, ás 17:30 horas no stand de Turismo de Galicia. No evento intervirá o Presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, acompañado por representantes da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
No acto o presidente da Mancomunidade fará fincapé “nos avances do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense (2022-2024), enunciando os proxectos que se están abordando e que sen dúbida darán un novo pulo e proxección ao destino. Actuacións como o reforzo da entidade de xestión, o impulso á participación dos axentes do sistema turístico, a revisión da arquitectura de marca e desenvolvemento da estratexia de márketing, avances na comercialización do destino, traballos de mellora da sinalización e o reforzo das infraestruturas. Trátase de produtos e experiencias sostibles que están motivando diversas actuacións como a reactivación da Ruta Pardo de Cela, a elaboración e execución do plan operacional do turismo de natureza e deportivo, a validación do trazado e a sinalización do Camiño do Mar ou a sinalización da Ruta indiana de Ourol. Tamén se están fortalecendo produtos e marcas propias como é o caso de Turismo Slow Norte de Galicia ou as Audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, que tan ben representan os valores que o destino quere transmitir”.
Fran Cajoto explica que “vídeo promocional marcará o inicio dunha campaña deseñada tras o éxito de Volve a encontrar o Norte. Visita A Mariña Lucense coa que se viña promocionando o destino nos últimos dous anos. A campaña será executada durante os próximos meses a través de diversos medios convencionais e dixitais e ten por obxectivo incrementar o recoñecemento e notoriedade do destino ao tempo que se reforza o posicionamento da Mariña na mente do cidadán, principalmente a nivel nacional”.
A Mancomunidade estará presente en FITUR desde o 18 de xaneiro mantendo contacto e xuntanzas de traballo con profesionais do sector, prestadores de servizos, outros destinos turísticos, e con turoperadores e axencias minoristas, co obxectivo de presentarlles a variedade e calidade de recursos, produtos e servizos turísticos do xeodestino.
As persoas que acudan a Fitur 2023 poderán atopar información turística sobre A Mariña Lucense, ocasión para a que a Mancomunidade editou unha edición especial da guía A Mariña Lucense ao descuberto.




















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



