Por quinta vez, o Pescados Rubén Burela FS alza a Supercopa de España Feminina, cuarta vez consecutiva
Burela, 29 de xaneiro, 2023. Rematou a fin de semana de Supercopa de España de Futsal Feminino que este ano 2023 se celebrou no pavillón Vista Alegre de Burela e por quinta vez, cuarta consecutiva, as Guerreiras Laranxas levárona tras dous partidazos nos que, unha vez máis, demostraron que son o mellor equipo do mundo en todos os sentidos. Esta vez xogaron a final, esta mañá de domingo ás 12.00 horas, co pavillón cheo, máis de 1000 espectadores, contra o MSC Torreblanca FS, que demostrou tamén a súa calidade e ambición ao longo de todo o campionato, cunha Bía e unha Amandhinha que cada partido destacan e ofrécennos un espectáculo digno de gozar xunto ao resto do seu equipo. Pero maior foi o espectáculo que ofreceron as cracks de Julio Delgado, que foron superiores esta mañá ante o Torreblanca, do mesmo xeito que o foron na semifinal contra o seu gran rival, o Futsi Atlético Navalcarnero.
Comeza o encontro e Dany ten a súa primeira gran oportunidade no minuto 2 de xogo. Pouco despois, no minuto 3, tras unha parede entre Antía e Cilene, a primeira anota o primeiro gol do encontro. O Burela domina o xogo e tras varias oportunidades máis, de Cilene e posteriormente de Emilly, ambas frustradas pola porteira Sara Soares no minuto 9 e outra destacable no 10, tras unha moi boa xogada de Dany e Cilene que vai ao pau e logo detén a porteira o remate de Antía. Tras o primeiro tempo morto no mesmo minuto, Dany anota o segundo gol no minuto 12 tras un xiro. Tras unha falta de Antía, Nerea vese obrigada a abandonar a pista con molestias preocupantes na perna, esperamos que sexa menos do que pareceu. No minuto 16 Peque anota o 3-0 cun golazo tras un pase de Emilly dende media pista. A continuación dúas oportunidades boas do Torreblanca, unha de Juliana no minuto 16 que se vai por encima do traveseiro e outra de Amandhinha no 17 que para a nosa porteiraza Caridade. Antes do descanso Emilly tira unha falta perigosa que se vai fóra e o Torreblanca presiona con porteiro-xogador na última xogada.
Na segunda parte sae Jozi á pista por Caridade e o Torreblanca continúa co xogo de 5 tendo varias oportunidades, entre elas Jozi fai unha dobre parada destacable que evita o primeiro gol do equipo de Melilla. En o minuto 28 o Burela FS volve lanzar unha falta perigosa que vai fóra e tras un tempo morto no minuto 30 Thais anota 3-1 xogando en superioridade. Continúan co 4 para 5 e o Torreblanca continúa buscando e tendo oportunidades ante a boa defensa laranxa, pero no minuto 31 Emilly mete o 4-1 cun golazo que se coa entre as pernas da porteira rival. No 36 unha oportunidade destacable de Irene Samper que dá no pau e a pesar da presión do xogo de 5 por parte do Torreblanca non conseguen cambiar o resultado, quedando 4-1 ata o final do encontro e proclamando CAMPIOAS, unha vez máis, ás Raíñas Laranxas de Julio Delgado.
Ficha Técnica
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Cilene, Antía, Emilly – cinco inicial- Peque (C), Jeny, Irene Samper, Patricia, Jozi de Oliveira (P)
MSC Torreblanca FS: Sara Soares (P), Lydia, Amandhinha, Juliana, Bia – cinco inicial-, Vicky, Jhennif, Nerea, Nega, Shulha, Thais, Ana Cunha, Vika, Patri (P)
Goles: Min.3 Antía 1-0; min.12 Dany 2-0; min.16 Peque 3-0; min.30 Thais 3-1; min.31 Emilly 4-1.
Equipo Arbitral: Sergio Sánchez Llrente, Lucía Gómez Rojo, Fernando Faubell Zaldivar, Noelia Gutiérrez Muñoz.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



