O sábado á unha do mediodía iniciou a súa última viaxe. Coido que calquera dos que tivemos trato con el na banda municipal podería ampliar con gusto e gratitude a escueta nova da súa defunción, aínda que só fora engadindo anécdotas diversas das viaxes da banda fóra de Ribadeo, unha parte de Choupín visible só para os que participábamos neles.
Quen coincidimos como destinatarios con el na ruta asignada de carteiro por Ribadeo adiante podemos ter na cabeza outras particularidades dunha persoa que, se multifacética como tantas outras, érao nun sentido que só a el caracterizaba. Dese xeito foi como comecei a coñecer ó Choupo, antes de imaxinar que íamos pasar tantas horas preto nos ensaios da banda.
E é que Choupín traballaba para vivir, claro, mais sendo consciente de que a súa vida era, sobre todo, outras cousas. O amor pola diversión entroncaba co amor pola música. ‘Un home implicado con Ribadeo’ vin como comentario á noticia nas redes sociais. Si, certo, cun detalle: a implicación tiña un fío condutor, que era a música. A rondalla foi, pode, un certo comezo: unha agrupación que el impulsou e o impulsou a el para ir máis aló. Non deixa de ser unha agrupación máis das que artellou no ámbito musical, por suposto sen chegar a ter o movemento de Amadores da Música, e sen desmerecer outras que poderíamos chamar ‘aportacións a Ribadeo’, máis aló de ser Xuíz de Paz nos anos 2010 (primeiro suplente, logo, titular), que van dende a contribución ó mantemento do Belén da Orden Terceira, como en 2008, ó ‘Coro Miserere’ ou, fóra da vila, a atender unha coral infantil en Castropol.
Indo a cousas moi concretas, non creo que ninguén poda dubidar que sen Choupín moi probablemente non habería nada semellante a Amadores da Música en Ribadeo, a pesar da traxectoria musical do pobo e algún desencontro, mesmo comigo. Ó fin, foi el quen se puxo en contacto con Evaristo e logo ambos continuaron estendendo a rede ata consolidar primeiro a xestora, á que fun chamado, e logo a sociedade, participando na directiva inicial e durante os 90.
Hai case dez anos aparecía a súa imaxe nunha nova que informaba de que Choupín era o último Láncara de Galicia. Hoxe mesmo remato de consultar a web ‘Cartografía dos apelidos de Galicia’. Non aparece ningún Láncara.



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



