Coa de Xermade, a provincia conta con 9 Aulas Mentor. Están en Burela, Barreiros, Guitiriz, Friol, Lugo, Sober, Láncara e Monforte
Xermade, 9 de xaneiro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, animou hoxe aos veciños e veciñas de Xermade a que aproveiten a oportunidade de participar nos cursos da Aula Mentor que ofrece o Goberno, coa colaboración do Concello, “que buscan promover a igualdade de acceso á formación e contribuír a reducir a fenda dixital”. A subdelegada visitou esta mañá as instalacións da Aula Mentor, situada na biblioteca municipal, acompañada do alcalde de Xermade, Roberto García, e do tenente de alcalde, José Prieto.
Isabel Rodríguez puxo en valor o programa de formación non regrada a distancia para adultos que promove o Ministerio de Educación e Formación Profesional “pois é unha gran oportunidade para as persoas que viven no medio rural, e especialmente, en municipios menos poboados, dado que lles permite acceder a unha formación de calidade, axustada á demanda laboral, ao mesmo tempo que adquiren competencias dixitais, fundamentais para desenvolverse con éxito na sociedade”
Así mesmo, a Subdelegada explicou que a Aula Mentor é unha iniciativa que ofrece formación online, flexible e con titorización especializada. Está dirixida a persoas maiores de 18 anos e conta cun catálogo de máis de 170 cursos clasificados por áreas formativas cos que ampliar as competencias persoais e profesionais.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca cada ano axudas a entidades locais destinadas ao mantemento das aulas. O Concello de Xermade obtivo unha axuda de 4.000 euros para a creación da súa Aula Mentor e a colaboración entre as dúas entidades quedou regulada nun convenio asinado o 2021.
Nesta liña, Isabel Rodríguez felicitou ao rexedor pola súa iniciativa que permite, dende hai un ano, aos veciños e veciñas de Xermade acceder a formación online, tanto desde o seu domicilio como en cinco ordenadores que pon á súa disposición o Concello na Biblioteca municipal. A través da Aula Mentor pódese obter formación en áreas como administración e xestión, agricultura e xardinería, electricidade e electrónica, hostalería e turismo, informática e comunicacións, seguridade e medio ambiente, sanidade, instalación e mantemento ou artes gráficas, entre outras.
Os cursos teñen validez oficial e unha vez superados obtense un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. O custe dos cursos é de 24 euros mensuais e a duración depende do tempo que lle dedique cada estudante, xa que se trata dunha formación a distancia e flexible.
O prazo de matrícula está aberto todo o ano, salvo o mes de agosto, agás os cursos Cisco e os de Formación do Profesorado, para os que hai datas concretas. Máis información no correo xermade@xermade.org ou no 982 501 001.
9 Aulas Mentor na provincia
Na provincia de Lugo, coa de Xermade, hai na actualidade 9 Aulas Mentor. Concretamente, en Burela, Barreiros, Guitiriz, Friol, Lugo, Sober, Láncara e Monforte de Lemos. O obxectivo do Goberno, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, é que estas aulas cheguen nos próximos anos a 3.000 municipios do país, con especial interese naqueles de menos de 5.000 habitantes e pertencentes á España rural, como o caso de Xermade. Para iso, vai destinar un total de 9 millóns de euros.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



