Ribadeo, 12 de xaneiro de 2023. O vindeiro sábado, 14 de xaneiro, terá lugar a XII Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros premios. O sorteo, que tras a pandemia volve ser presencial, terá lugar na carpa instalada no parque de San Francisco.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “volvemos a recuperar o formato presencial deste importante sorteo da campaña de Nadal de Acisa, coorganizada este ano xunto ao Concello de Ribadeo. A última vez que fixemos este sorteo con público foi en xaneiro de 2020, unhas semanas antes de que o covid aparecese nas nosas vidas, e agora que volvemos á normalidade quixemos que a xente asista de novo en vivo e en directo a este evento”.
Cruzado Iglesias subliñou que “haberá cadeiras para acoller a 300 persoas no interior da carpa instalada no parque de San Francisco. É o aforo calculado e permitido polos técnicos municipais. O resto da xente poderá seguir o sorteo desde o exterior, xa que contaremos con pantallas e con altofalantes para que todo mundo o siga do mellor xeito posible. Vai ser un sorteo rápido. O acto durará pouco máis dun cuarto de hora ou vinte minutos”.
O xerente, Jesús Pérez, explicou que “os premios, que se repartirán son: un de 2.000 euros, un de 1.000 euros, un de 500 euros e dous de 250 euros. Un destes últimos premios (de 250 euros) será non presencial, e dicir, sortearase entre o total de rifas impresas. O resto de premios sortearanse entre os números que o dia 14 de xaneiro estean depositados na urna que estará situada na mesma carpa. Polo tanto é moi importante destacar que as rifas deben conservarse ata o 14 de xaneiro”.
Pérez Prada subliñou que “desde as cinco da tarde e ata as 20:30 horas na urna que haberá na carpa poderán depositarse as papeletas. Hai que botar a parte máis pequena e quedarse coa grande. Esas rifas deberán estar debidamente seladas por cada establecemento. Si se extrae unha rifa que non está selada, quedará inmediatamente invalidada, tal e como recollen as bases do sorteo. Temos que insistir en que a xente poderá depositar as papeletas ata as oito e media da tarde, despois a urna trasladarase ao escenario desde o que dará comezo o sorteo”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, engadiu que “si a climatoloxía o permite contaremos durante a tarde noite do sábado con animación musical pola rúa para contribuír a crear ambiente de festa ata a hora de celebración do sorteo, que será conducido por Susana Álvarez”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



