É a primeira vez que unha empresa privada da Mariña, coincidindo con Fitur, organiza un acto promocional da comarca coa súa vangardista plataforma dixital
Ribadeo, 17 de xaneiro, 2023. Conducir un kart, gozar dun atardecer nun barco fronte a Illa Pancha, pasear nunha embarcación pola ría de Ribadeo, descender en canoa polo río Eo, apuntarse nunha excursión didáctica pola ría, alugar unha moto de auga, probar unha experiencia submarina desde o barco Albatros, alugar un veleiro ou un iate, descubrir calas e covas do litoral en canoa, perderche no labirinto de Rinlo, clases de hípica, roteiros dacabalo, xogar ao tenis ou pádel, tirar con arco, percorrer o Camiño de Santiago, subirse ao tren turístico, comer nos mellores restaurantes, durmir en hoteis con encanto… son algunhas das propostas que figuran na plataforma “experienciasenribadeo.com”, unha ferramenta promocional dixital que este mércores dará un paso relevante na súa difusión, coa súa presentación a nivel nacional. A empresa Donapubli, que a promove, elixiu para a ocasión un marco de excepción, a Casa de Galicia en Madrid.
O evento comezará ás 19.30 horas, reunindo a profesionais do sector turístico e operadores turísticos de ámbito nacional. Ademais de Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, intervirán o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz; o concelleiro delegado de Turismo de Ribadeo, Pablo Vizoso; o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Pablo Fernández Ferreyra; o presidente do GDR Terras de Miranda, Vidal Martínez Sierra, e a concelleira delegada de Cultura de Ribadeo, Pilar Otero. O evento será presentado polo ribadense Fabián Pérez, xornalista de Catro.
Menú degustación
O acto de presentación de “Experiencias en Ribadeo” pecharase cunha degustación de produtos agroalimentarios e pesqueiros da Mariña, cun completo menú conformado por croquetas de marisco (da Coquetina); embutidos de porco de Ou Mazo; empanada de bonito de Panadería Torviso; cazuelita de fabas de Lourenzá de Terras dá Mariña con polbo de Piñeira; espetada de pescada de Burela do petisco de calidade á galega sobre puré de patacas; arroz negro con luras da ría de Ribadeo, e torta de queixo do Restaurante Náutico. A adega conformarana viño albariño Ézaro de Castelo San Damián e vermú Arnao, tamén da firma ribadense Discosta.
A plataforma “Experiencias en Ribadeo” é unha ferramenta dinámica, que continúa incorporando propostas de diferentes empresas, renovando a súa oferta e alternativas para os turistas e aldeáns, posicionándose como un instrumento imprescindible para gozar dunha estancia plena e inesquecible en Ribadeo.




















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



