Rodríguez agradeceu o apoio dos Concellos “para chegar ao maior número de xente” e puxo en valor o traballo dos funcionarios da Subdelegación que visitaron o 52% dos municipios en só os 2 primeiros meses do programa
Barreiros, 11 de xaneiro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, valorou positivamente a posta en marcha do programa “A Administración Cerca de Ti” do Ministerio de Política Territorial, en colaboración coa FEMP, tras os dous primeiros meses, novembro e decembro, de funcionamento, achegando as ferramentas da Administración dixital a 31 municipios da provincia. Fíxoo durante unha visita esta mañá ao Concello de Barreiros no que constatou a boa acollida desta iniciativa estatal por parte da cidadanía “coa que buscamos que os veciños e veciñas do rural accedan con sinxeleza aos servizos da Administración Xeral do Estado, reforzando a igualdade de oportunidades, vivas onde vivas”, remarcou.
Durante o encontro, a subdelegada estivo acompañada pola alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; e a tenente de alcaldesa, María Carmen Veiga, no que destacou o alcance deste Plan, dirixido a municipios con menos de 8.000 habitantes, “co que se vai beneficiar a 59 Concellos, o que supón o 88% das localidades da provincia, facendo unha Administración máis útil e próxima para os lucenses”.
Isabel Rodríguez sinalou que “A Administración Cerca de Ti” enmárcase no traballo que está a desenvolver o Goberno de España para dar resposta aos novos desafíos aos que se enfrontan os municipios con menor poboación, “facilitando e achegando as xestións básicas da Administración á cidadanía que vive no rural e evitando desprazamentos á capital da provincia”. Nesta liña, explicou que o programa pon de manifesto a importancia que ten para o Executivo Central a loita contra o despoboamento, un dos principais eixes de actuación, “potenciando a cohesión territorial, garantindo a igualdade de dereitos e eliminando a fenda dixital”.
Así mesmo, a subdelegada agradeceu o apoio de Concellos como Barreiros “porque todo o que sexa reforzar a colaboración entre administracións é fundamental para difundir o plan e, deste xeito, chegar ao maior número de persoas para que dispoñan da información necesaria e realicen os seus trámites de forma telemática”. Igualmente, puxo en valor o traballo dos funcionarios e funcionarias públicas da Subdelegación de Lugo que están a percorrer a provincia, cos seus equipos tecnolóxicos, visitando o 52% dos municipios en só os dous primeiros meses do programa.
Xunto a Barreiros, este Plan do Ministerio de Política Territorial presentouse tamén en Guitiriz, Castroverde, Palas de Rei, Cervo, Paradela, Castro de Rei, Lourenzá, Láncara, Cervantes, O Incio, Riotorto, Abadín, Baleira, Triacastela, Folgoso do Courel, Xove, Guntín, O Páramo, Monterroso, Pol, Mondoñedo, O Corgo, Navia de Suarna, Samos, Xermade, Ribeira de Piquín e As Nogais, O Valadouro, Alfoz e Trabada.
Servizos máis demandados
O certificado electrónico e a Cl@ve permanente son as opcións de acceso ao catálogo de servizos dixitais da Administración máis demandadas polos lucenses, entre os que destaca o Cartafol Cidadán, unha aplicación na que se poden consultar datos persoais como pode ser a vida laboral, citas previas, información sobre procedementos, notificacións pendentes ou estado de expedientes en trámite, ademais de recibir avisos e alertas. Ademais, as consultas relativas a acometer trámites na Administración Dixital e na Seguridade Social son tamén moi requiridas.
O catálogo de servizos electrónicos da Delegación do Goberno en Galicia ofrece 125 trámites de xeito telemático, entre os que se atopan xestións relacionadas cos servizos de Estranxeiría; pago de taxas; comunicación de mobilizacións; validación de títulos universitarios estranxeiros ou a presentación de queixas ou suxestións ante a Administración.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



