As obras paradas causan molestias tanto aos peóns como aos automobilistas
A Pastoriza, 11 de xaneiro de 2023. O goberno da Deputación, presidido polo socialista José Tomé, consigue que as estradas provinciais sexan noticia continuamente polo pésimo estado na que se atopan a maioría. Pero a xestión de Tomé, responsable directo das estradas, é tan deficiente que incluso logra que as melloras na rede viaria da Deputación acaben por provocar problemas aos veciños. Iso é o que ocorre na Pastoriza, onde as obras na LU-P-4401 están paradas porque o proxecto non incluía a rede de saneamento. Mentres se solventan os problemas técnico-administrativos, os veciños sofren as molestias propias das obras abertas e paradas, segundo sinalan os populares da Pastoriza.
No PP lembran que os traballos levan parados dende finais de decembro, cando, por un motivo ou por outro, a Deputación tivo que poñer mans á obra para incluír no proxecto o saneamento. Os populares esixen ao goberno provincial que faga os cambios necesarios coa maior rapidez posible, porque os veciños sofren as consecuencias da paralización dos traballos. As molestias alcanzan tanto aos peóns como aos usuarios de vehículos.
Os populares destacan que as melloras nesta estrada tiñan que estar rematadas a finais de febreiro e indican que, coa paralización, vai ser moi difícil que se cumpran os prazos iniciais. En todo caso, lamentan a falta de previsión da Deputación á hora de encargar o proxecto técnico e instan a José Tomé, como máximo responsable das estradas provinciais, a que tome nota e non se repita o mesmo problema en próximas ocasións.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



