O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, asistiu este domingo á final da Supercopa de España de Fútbol Sala feminino, que tivo lugar no pavillón Vista Alegre de Burela entre o Pescados Rubén Burela e o MSC Torreblanca Melilla. José Miñones felicitou ao club burelés, campeón do torneo por quinta vez na súa historia, e destacou que “é un orgullo ver a un equipo galego ser referencia a nivel nacional e internacional neste deporte”. O delegado estivo acompañado pola subelegada en Lugo, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano.
José Miñones felicita ao Pescados Rubén Burela feminino pola súa victoria na Supercopa de España de Fútbol Sala
José Miñones felicita ao Pescados Rubén Burela feminino pola súa victoria na Supercopa de España de Fútbol Sala
Relacionado
-
O vindeiro xoves, 12 de decembro, terán lugar os actos de clausura do Centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela
-
Burela celebrou o seu segundo “Día do Orgullo Mariñeiro”
-
Este xoves tivo lugar o acto de encendido da gran árbore de nadal, así como do resto da iluminación do Concello de Xove