A portavoz de Sanidade recriminou que “menos orzamento é menos Atención Primaria, chave para a prevención da saúde”
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro 2023. O BNG denunciou a actitude dun Goberno do PP que non ofrece ningunha nova proposta para resolver a urxente e precaria situación da sanidade pública en Galiza mentres emprega o Parlamento para facer recompilación de anuncios pasados.
A portavoz de Sanidade, Montserrat Prado, relacionou este deterioro da sanidade pública galega coa precarización que un Goberno do PP “falto de receitas” exerce nela mediante a redución orzamentaria e a privatización, con “doentes con constantes atrasos e revisións das que nunca máis saben. Pacientes que non teñen revisión ata un ano despois, un ano de espera” porque, argumentou, “menos orzamento é menos Atención Primaria, chave para a prevención da saúde”. Este escaso financiamento tamén ocorre, detallou, “nos programas de prevención do suicidio, que non pasan do papel, deben atender un auténtico drama para os galegos. Ten unha partida ridícula, igual que o programa para a prevención da drogodependencia”, denunciou.
“Xente con cancro e metástase indo a Urxencias ata 5 veces porque non atopan atención, isto aparece nun medio de comunicación. Os oncólogos advirten de cancros en continuo aumento”, recriminou Prado, en alusión a unha Galiza na que o PP sume no cuarto posto pola cola a nivel estatal en investimento en persoal e segunda pola cola en investimento na Atención Primaria, o primeiro lugar de detección de numerosas patoloxías. “Vostedes seguen aplaudindo ata o aplauso final as incongruencias e as comparecencias de roupa vella, e así lle vai á sanidade pública do noso País. Sigan aplaudindo”, recriminou á bancada Popular.
“Xa está ben de negar o que está a ocorrer coa Sanidade. Hai moitísimos galegos e galegas que chegan tarde aos diagnósticos, diagnostícanlle tarde as patoloxías, e iso non o poden tapar”, denunciou a parlamentaria do Bloque que, “fronte as palabras que non se sustentan en ningunha realidade”, aludiu ao dito pola presidenta da Sociedade Española de Oncoloxía, que advertiu que o “parón” do ano 2020 trouxo consigo “caídas das probas e das diagnoses, con atrasos para os próximos anos, esa realidade sófrena os galegos e galegas e vostedes as negan”, advertiu.
Fronte esta baixada da calidade asistencial e a vulneración dos dereitos fundamentais dos e das pacientes, a portavoz de Sanidade recordou ao Executivo dos Populares que “depende de vostedes que os profesionais queiran traballar na Atención Primaria e non marchen e poñer en marcha as conclusións do consello técnico” para resolver esta situación e para que a redución dos rateos “sexa unha realidade ou para que a carteira de servizos se poña en marcha” e concluíu emprazando ao conselleiro de Sanidade a empregar os impostos “non para mercar vontades senón para solucionar os problemas”.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



