Luís Bará exixiu os expedientes sobre os plans industriais e monetarizacións e investigar posibles irregularidades pola falta de reclamacións das cantidades
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2023. O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará defendeu unha moción instando á Xunta a trasladar ao Parlamento de Galiza, os expedientes dos plans industriais e monetarizacións do concurso eólico do ano 2010 e anunciou que si o PP persiste en negar esta documentación, o BNG acudirá á xustiza.
Ademais, o deputado propuxo revisar “de oficio” os expedientes dos parques eólicos de Campelo e Lamas de Feás co fin de garantir o compromiso de monetarizaicón como figura na adxudicación do concurso eólico e non permitir a condonación das cantidades endebedadas por este incumprimento.
Bará recalcou que urxe “defender o interese público e nese sentido volveu a reclamar os devanditos expedientes sobre o desenvolvemento dos plans industriais ou da correspondente monetarización. Por outra banda, tamén se referiu a obriga do goberno a dar conta dos ingresos xa percibidos dos parques eólicos adxudicados no concurso do 2010.
A iniciativa defendida polo deputado do BNG foi rexeitada polo Partido popular
Investigar as irregularidades por non reclamar as cantidades da monetarización
O nacionalista demandou “unha investigación interna” sobre posibles irregularidades por non reclamar cantidades derivadas da monetarización e no caso de incorrer en “responsabilidades políticas”, a súa depuración.
Na defensa da moción, Bará preguntou a quen está protexendo o Partido popular para negar a documentación requirida polo BNG? Por que a Xunta perdoa as empresas as cantidades polos proxectos eólicos e non as reclama para as arcas públicas “tan necesarias para rematar cos recortes en educación e sanidade”.
Para do deputado, o goberno central e a Xunta despois de “exprimir a terra inzando Galiza de parques eólicos agora pretenden levalos ao mar a pesar das consecuencias negativas que terán para a nosa costa e pesca”. O problemas, radica, dixo nas estimacións do Plan Nacional de Enerxía e Clima do Estado e da Axenda enerxética de Galiza para o 2030 que nós “xa superamos”. Dende o BNG, engadiu, estamos moi preocupados porque existen 9.400 MW con permisos de conexión que contarían con este beneplácito para a “aceleración dos proxectos eólicos”.
O deputado negou que o modelo eólico da Xunta sexa ordenado, garantista e respectuoso co territorio, porque representa “unha auténtica barbaridade, un espolio, e un saqueo”. O seu modelo, reiterou Bará, ilustra a “depredación” amparada pola lei do sector eléctrico do ano 2013 e a transposición á lei galega do 2017 de Iniciativas empresarias “abrindo a barra libre” para a implantación masiva de parques eólicos.
Na actualidade, a cidadanía está “preocupada e alarmada pola invasión eólica” mentres a Xunta e o goberno do estado continúan denominándoa Transición Enerxética. Cando na realidade é “unha traizón enerxética e un ataque contra Galiza e o seu medio rural”.
Bará criticou que o Partido popular continúe defendendo os parqués eólicos como o “maná” que vai salvar o rural cando en realidade, os proxectos acaban coa vida do rural, a paisaxe, a biodiversidade e sobre todo, “coa vida das persoas que teñen os seus proxectos económicos nestas zonas”
Neste momento, recalcou o nacionalista, o goberno galego fixo tan mal as cousas que xa está denunciado pola vía penal por “presunta prevaricación e malversación”. Dende o BNG seguimos reclamando a información dos expedientes industriais e a súa monetarización como o relacionado con Greenalia con 11,7 millóns de euros sobre dous parques, pago que a Xunta perdoou a empresa como tamén sucede con outras 21 empresas que presentaron proxectos industriais e que posteriormente solicitaron a monetarización.
Que problema hai para que non remitan a información que solicitamos dende o BNG? Que vai pasar con empresas como Greenalia, Acciona, Cortizo, Fenosa…..que se comprometeron a investir en proxectos industriais que non cumpriron ou a pagar por eses parques públicos adxudicados, como Fenosa, por máis de 1.175 Millóns de euros e que non pagaron’ volveu a preguntar o nacionalista.
A moción defendida pola BNG foi rexeitada polo Partido popular.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



