Foz, 11 de xaneiro de 2022. O Concello de Foz recibiu da Xunta de Galicia, vía correo electrónico este martes día 10 pola tarde, o borrador de convenio de xestión que inclúe a transmisión da propiedade do edificio da Residencia de Maiores e Centro de Día focego. O alcalde, Fran Cajoto, informa que “neste momento a Secretaría e a asistencia xurídica do Concello están a estudar o borrador, para coa maior axilidade dispoñer o texto definitivo. O Concello de Foz está a facer os deberes, pois xa se realizou a contratación dunha asistencia técnica para estudar a documentación aportada pola actual empresa concesionaria e preparar o novo prego de licitación, que é o que nos corresponde”.
O rexedor municipal engade: “volvemos reiterar que atenderemos as peticións que sexan lexítimas, cos estudos técnicos necesarios. Somos moi respectuosos co diñeiro público e estamos atónitos ante a actitude do voceiro do Partido Popular. Non sabemos a que obedece este xeito de actuar. Non sabemos se o voceiro do PP fixo un cálculo económico e nolo pode remitir, porque nós estamos a facer un traballo serio e pedimos un pouco de respecto, que se debe basear na coherencia: onte pola tarde recibimos o borrador da Xunta e hoxe sae o voceiro do PP en prensa. Iso é o oposto á colaboración, non nos enganemos”.
Ademais o alcalde de Foz explica os pasos que está a dar o Concello: “no tocante á parte administrativa coa Xunta, estudo inmediato do borrador do convenio para asinalo á maior brevidade. No tocante ao contrato coa actual concesionaria, estudo da reclamación económica pola asistencia técnica xa contratada. No tocante á nova licitación, preparación de pregos por asistencia técnica e licitación unha vez se asine o convenio coa Xunta”.
E, para rematar, Fran Cajoto destaca que “o servizo está asegurado: é obriga da actual concesionaria continuar co contrato actual e así se lle trasladou. Seguimos sumando competencias impropias sen financiamento dunha Xunta de Galicia, que abandona ata o máis esencial, con 150 persoas en lista de agarda nunha residencia de só 40 camas. Nós imos ser responsables sempre”.






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



