O grupo municipal trasladará a pleno unha petición para investir no pavillón polideportivo da rúa Aldredo Deaño
Ribadeo, 30 de xaneiro de 2023. O PP de Ribadeo denuncia o pasotismo do goberno do BNG que “están máis preocupados de si mesmo que de xestionar orzamento para a conservación das instalacións deportivas da vila”, apuntan desde o grupo municipal. Neste sentido o coordinador de deportes, Tito Suárez resalta que “despois de pasada practicamente a lexislatura 2019-2023, vemos que este goberno do BNG non fixo nada por manter as instalacións deportivas en perfecto uso”.
Desde o grupo municipal leva reclamándose desde fai moito tempo que se solucione este problema que afecta ás entidades deportivas e aos nenos que van a adestrar no pavillón. Suárez explica que as contestacións por parte do goberno do BNG sempre foron as mesmas “burlas e asegurando que todo estaba ben, pero ás probas me remito”.
O coordinador fai referencia ao total abandono do pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño imaxes nas que hai goteiras nas pistas e nos corredores de acceso. “Goteiras nas pistas de xogo que ocasionan máis de un resbalón aos nenos que van a adestrar alí. Xa se tivo que suspender algún adestramento e algún partido polo estado no que se atopaban as pistas. Ademais, os baños están en moi mal estado e algunhas portas parece que pasou unha tormenta e as esnaquizou, e así un suma e sigue dos abandonos que sofren as instalacións do noso concello”, di Suárez
Por outra banda, o coordinador de deportes explica que “nós trasladaremos ao pleno unha petición para investir e solucionar o abandono que sofre o polideportivo municipal”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



