A Deputación presentará o xoves a nova campaña Lugo, provincia románica, protagonizada polo actor Chechu Salgado e enmarcada na estratexia da institución para impulsar un turismo de calidade, sostible, non masificado e de experiencias
Lugo, 17 de xaneiro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, abre este martes cunha recepción coa Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, no Museo do Prado de Madrid, unha intensa axenda de actos, presentacións e reunións para promocionar a provincia na Feira Internacional de Turismo (Fitur).
José Tomé xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu hoxe á xornada de apertura dos actos oficiais desta nova edición de Fitur. Desta maneira, o mandatario provincial marca o inicio de máis dunha vintena de actos e encontros nos que participará durante os dous días nos que estará nesta feira, unha das principais do mundo no sector do turismo, que conta con máis de 10.000 empresas expositoras de 170 países e 120.000 visitantes.
Este mércores teñen previsto asistir ás presentacións Galicia destino sostible: un turismo comprometido, que organiza o Clúster Turismo de Galicia; Santiago Now, do Concello de Santiago de Compostela; Los Geoparques Españoles; Xantar 2023: Expourense; a guía turístico-gastronómica…E para comer Lugo, que impulsa a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL); Manual del buen visitante en A Ribeira Sacra, do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra; Termatalia Uruguay 2023, de Expourense; e as iniciativas que dean a coñecer a asociación de municipios do Camiño de Interno a Santiago, entre outros eventos e reunións.
Lugo, provincia románica
O xoves será o día no que a Deputación de Lugo presentará a nova campaña de turismo Lugo, provincia románica, no expositor de Turismo de Galicia. Unha campaña protagonizada polo actor Chechu Salgado, natural de Sober e que foi distinguido co Goya ao Mellor Actor Revelación no 2022. O mandatario provincial será o encargado de dar a coñecer as novidades desta campaña promocional nun acto no que tamén participará o propio Chechu Salgado.
Con esta campaña a Deputación aposta por un turismo cultural e paisaxístico, poñendo o foco no patrimonio como reclamo para os visitantes. “Levamos anos reforzando a promoción do patrimonio deste estilo arquitectónico co que conta a provincia de Lugo, un sinal de identidade e un poderoso reclamo turístico, ao redor do que artellar unha oferta de calidade, sostible, non masificada e de experiencias. Agora damos un paso máis e abandeiramos o románico como unha das nosas grandes apostas levándoo como principal atractivo a Fitur”, subliña José Tomé.
Ademais, este mesmo día tanto o Presidente como a Deputada de Turismo participarán nas presentacións da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, do Concello de Lugo, do Xeodestino Ancares-Terras de Burón (GDR-3 e Montes e Vales orientais), da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, entre outras.
O xoves acudirán ademais á presentación da Feira Expomar 2023, que acollerá á tardiña a Casa de Galicia en Madrid.
Proxección da curtametraxe Amor viaxeiro
José Tomé e Pilar García Porto acompañarán tamén o xoves ao grupo de alumnos e alumnas do Centro de Formación Audiovisual da Deputación que resultaron gañadores dun dos premios do I Concurso Cómo dirías que es España sin decirlo, convocado por Netflix e Turespaña. O traballo audiovisual dos estudantes da escola provincial, Amor viaxeiro. Unha viaxe para o recordo, estrearase no expositor de Turespaña, xunto ao resto de gañadores do certame de ámbito nacional nun acto no que participará a Ministra de Industria, Comercio e Turismo.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



