Foi unha convocatoria organizada pola Plataforma Sanitaria da Mariña que percorreu hoxe as rúas de Burela, e que apoia o Secretario Xeral do PSdeG na provincia, e tódolos alcaldes e alcaldesas socialistas da Mariña
Burela, 19 de xaneiro de 2023. A Deputada Autonómica Patricia Otero acompañada de Alcaldes, concelleiros e militantes socialistas participaron este xoves na manifestación promovida pola Plataforma Sanitaria da Mariña, que percorreu esta tarde as rúas de Burela baixo o lema “Contra o desmantelamento da sanidade pública”. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, así como todos os rexedores socialistas da comarca apoiaron esta mobilización.
O PSdeG leva denunciando insistentemente o colapso sanitario provocado polos recortes e a xestión do PP, así como a caótica situación sanitaria de toda a provincia de Lugo e da Mariña. “Concretamente dende o pleno da Deputación de Lugo xa defendemos iniciativas para acabar cos recortes de persoal e adoptar medidas para repoñer coa maior brevidade posible os cadros de persoal nos servizos de medicina de familia, pediatría e persoal sanitario. Dende o Parlamento de Galicia tamén presentamos propostas nesa mesma liña e, por suposto, dende os concellos onde gobernamos, seguimos insistindo na necesidade de dotar de máis persoal sanitario aos nosos centros de saúde e que se cubran as baixas dos facultativos”, inciden.
Explican ademais que “estes mesmos días volvemos a demandar explicacións pola falta de médico no centro de saúde de Ribeira de Piquín. Así como recortes na atención pediátrica da zona da Ribeira Sacra, xa que moitos centros de saúde do sur da provincia estiveron sen servicio de pediatría. E tamén na Mariña, onde os máis de 1.800 nenos e nenas de entre 0 e 15 anos, do concellos de Viveiro, O Vicedo e Ourol, volveron quedar sen pediatra”.
O PP non convoca 100 prazas de residente
Os socialistas acusan ao Executivo galego de non convocar para este 2023 máis de 100 prazas de residente para medicina, psicoloxía ou enfermaría, a pesar de dispoñer dunha oferta récord por parte do Ministerio de Sanidade. Denuncian que o Goberno do PP leva 14 anos deixando sen cubrir as prazas de médico en Galicia, “que tiñan dispoñibles para agora responsabilizar ao Goberno central da falta de médicos”.
Listas de espera de 2-3 anos na Mariña
Na Mariña, dende a propia plataforma, denuncian listas de espera de ata 2 ou 3 anos para consultas como cardioloxía, trauma, uroloxía… ou para facer unha ecografía. E tamén derivacións a Lugo para probas como densiometrías, electromiografías ou intervencións como marcapasos ou varices.
No que atinxe a saúde mental, a comarca carece de unidade de prevención de suicidios, hospital de día infantoxuvenil ou unidade de agudos, que si teríamos se fora Área Sanitaria. Ademais, o persoal médico leva moito tempo atendendo a un número de persoas moi superior ás recomendacións, aumentando o risco de cometer erros e imposibilitando unha atención de calidade, entre outras.
Alcaldes
Na manifestación participaron os Alcaldes de Foz, Francisco Cajoto; Trabada, Mayra García; Alfoz, Jorge Val; Ferreira do Valadouro, Edmundo Maseda; Ourol, José Luis Pajón, e a tenente de Alcalde de Barreiros, Mari Carmen Veiga. Así como concelleiros socialistas de toda a Mariña.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


