Ribadeo, 18 de xaneiro de 2023. O Concello de Ribadeo, xunto con Acisa, asisten a Fitur 2023 co obxectivo de participar en reunións de traballo con diversos operadores e axencias turísticas, na procura de dar a coñecer os proxectos do Concello no ámbito do turismo, establecer acordos e puntos de colaboración con intermediarios, prescriptores e outros destinos, así como favorecer a difusión de Ribadeo como un destino de calidade visitable durante todo o ano.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, apunta que “desde o Concello trabállase para fidelizar ás persoas que veñen visitarnos, para atraer novos segmentos demanda e para favorecer a desestacionalización”.
Deste xeito, a delegación conformada polo alcalde, Fernando Suárez Barcia, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso Galdo; a concelleira de Cultura, Pilar Otero Cabarcos e o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez Prada, asiste dende o 18 ao 20 de xaneiro ás reunións programadas e establecerá contacto con diversos axentes turísticos e entidades relacionadas coa promoción do turismo.
O xerente de Acisa tamén indicou: “a presenza de Acisa nesta importante feira turística é moi relevante, nela vaise promocionar Ribadeo como destino turístico, e polo tanto o noso sector empresarial pode verse beneficiado da nosa labor estes días, tanto o sector hostaleiro e hoteleiro como o comercial. O turismo é un dos motores económicos da nosa vila. Por iso debemos seguir traballando na promoción de todo aquilo que Ribadeo pode ofrecer, así como en aumentar e mellorar tanto a nosa oferta turística como os servizos turísticos ofertados polas nosas empresas. A implicación do sector é un pilar fundamental na nosa promoción como destino turístico”.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



