Barreiros, 18 de xaneiro, 2023 .A Asociación Cultural Festas do San Rosendo de San Miguel de Reinante organiza o vindeiro sábado 28 de xaneiro a II edición da Festa do Caldo.
Logo de dous anos de parón por mor da pandemia de Covid-19 a Comisión de Festas do San Rosendo volve a poñerse mans á obra para ofrecerlles a veciñas e veciños de San Miguel, e a todos os achegados que os queiran acompañar, unha xornada de comida tradicional centrada no prato máis representativo da cociña galega.
O acontecemento terá lugar nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, mesmo emprazamento no que se realizou a primeira edición. Abriranse as portas a partir das 21:00 da tarde, e comezarase a servir a cea dende as 21:30. Esta consistirá en caldo de rabizas e o típico compango que o acompaña, neste caso lacón, chourizo, costela…
Inclúe o menú tamén auga, viño e pan. Haberá á venda tamén café de pota e sobremesas representavivas da época de entroido que farán as delicias dos comensais.
Logo da cea, aproximadamente a partir das 23:00, terá lugar a actuación de Verónica Cambón, que amenizarará a noite. Unha vez remate esta artista, haberá música tamén ata ben entrada a madrugada.
As persoas que non conseguisen entrada para asistir á cea, poderán do mesmo xeito acudir alí para desfrutar da música. A Comisión de Festas poñerá unha cantina coa finalidade de recaudar fondos para a organización da Feira do San Rosendo, que se celebrará na propia vila o 4 e 5 de marzo.
As entradas para a cea están á venda ata o vindeiro día 23 de xaneiro nos locais comerciais e bares de San Miguel de Reinante, ou ben contactando cos membros da Comisión de Festas.




















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



