Permite o capitalismo a conservación do planeta? Mesmo pode parecer que a facilita, facendo negocio con actividades que poden axudar. Ou debera dicir, potenciando actividades que poderían axudar co ollo posto en gañar máis cartos? Pero o capitalismo necesita medrar, esas actividades en xeral son con vistas a medrar, e o planeta, chegados a este punto de actividade febril global e escaseza de recursos tamén global, necesita calma, que se tería que traducir en menor actividade, o que se soe chamar ‘decrecemento’ económico.
Nun sistema que prima a produción e que necesita medrar para subsistir, quen decrece, perde fronte a quen non decrece. Son as regras do sistema. Como facer decrecer un sistema que ten a base no medrar? Se necesitamos decrecer, necesitamos un cambio de sistema. Como? Iso, ‘para outro día’, non se improvisa todo un sistema socioeconómico así, de pronto, da nada. Pero vai pensando niso, que a todos afecta e como tal, todos podemos, deberiamos e teremos que contribuír. E non vai ser doado, como calquera cousa que compensa e non se sabe por onde comezar. Unha mostra de que non vo cai ser: nunha conversa, hai pouco, houbo quen mo deixou claro: “estou de acordo en que A é o mellor para todos, pero se vexo que con B vou gañar x, entón voto a favor de B”. É dicir: si, ben para todos, pero sobre todo para min, aínda que no sexa para os máis. Se queres saber máis sobre esa decisión, procura polo chamado ‘dilema do prisioneiro’.
O cambio ten que ser, vai ser, diferente nas grandes cidades que no campo, nunha sociedade que teña perdido o vínculo coa natureza que noutra que aínda conserve relación. E iso, a pesar da colonización das cidades sobre o campo. Xustiza, democracia, son termos que se mesturan nesa necesidade de decrecemento e cambio: quen tería que consumir menos? En realidade, quen tería que deixar de consumir máis? E claro, tamén producir menos. Como se vai decidir? Son preguntas que se meten por medio se pensamos construír o futuro común. Polo medio. Polo medio, aparte do emprego (30 h/semana ‘chegarían’ se hai que producir menos? 4 días/semana?), redistribución de masa dineraria (non só salarial, e con esa ‘masa’, de poder de diferentes tipos), ou eliminación da sobreprodución (e polo tanto, dos lixos / desperdicios / contaminación desprendidos nela) que solucionaría problemas, pero que hai quen ve como problema en si, por selo dentro do mesmo sistema, para o sistema como se concibe na actualidade. E é que ‘esas cousas’ chocan tamén con modelos culturais, sociais, que se venden como sen alternativa e que son, no fondo, tradución de esquemas económicos: repensar o futuro, repensar o sistema, é tamén, e sobre todo, repensar a sociedade.
Necesitamos unha economía tranquila, quizais máis lenta e local, que sairá co que hoxe é unha mixtura de conceptos, visións, linguas,,, O título vai diso.
E mentres, rematou unha nova edición do Foro de Davos, con asistencia estelar de autorepresentantes da riqueza. As conclusións? Aquí non pasa nada, excepto que hai que seguir a darlle voltas ó problema de os máis ricos conserven e mesmo potencien o seu poder e xeito de vida. si, desa xente que vive noutro mundo, parecería que noutro planeta.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



