Burela, 24 de febreiro, 2023. A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFAN) de Burela poñerá en marcha no mes de marzo o Programa Move a Mente, un programa pioneiro de prevención do deterioro cognitivo e detección precoz das demencias dirixido a persoas maiores de 55 anos. Será totalmente gratuito para os asistentes grazas á subvención concedida para a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tribuitaria do 0.7% do IRPF (Consellería de Política Social e Xuventude – Federación Alzheimer Galicia).
Con este programa a entidade non só pretende estimular e manter as capacidades cognitivas dos asistentes senón que realizará un cribado a través dunha valoración cognitiva inicial de cada participante, así como outra de seguemento e unha final, co fin de detectar de xeito precoz calquera indicio dunha posible demencia e poder así derivar e atender a tempo estas doenzas. Para iso a entidade conta cun equipo multidisciplinar formado por profesionais especializados que se encargarán de levalo a cabo ao longo de todo o ano.
O programa terá lugar na sede social, cedida polo Concello de Burela, que a asociación ten ubicada na Casa do Mar de Burela e conta con 20 prazas que poderán ser distribuidas en dous grupos de traballo e en sesións de dúas horas semanais.
As persoas interesadas poden inscribirse previamente chamando ao teléfono 982580610 .

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



