Ribadeo, 22 de febreiro de 2023. A Concellaría de Igualdade organiza un obradoiro de biodanza. Denomínase Movéndonos cara o botrato e terá lugar os días 18 de marzo, 1, 15 e 29 de abril na Casa do Viejo Pancho en horario de 11 a 13:30 do mediodía.
A actividade será dinamizada pola psicóloga e facilitadora autorizada de Biodanza SRT, Mari Fidalgo. A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “este obradoiro traballa a relación entre o bo trato e a saúde, incidindo na importancia das prácticas de autocoidado e na conexión co corpo e as emocións para o benestar e a autonomía”.
A edil ribadense dixo que “a proposta principal deste taller de biodanza para mulleres é estimular a nosa autoestima nutríndonos de vivencias de vitalidade, creatividade e afectividade, fortalencendo a saúde integral desde a naturalidade”.
Mónica Freire subliña que “as clases son gratuítas, so se precisa levar roupa cómoda e non é necesario saber bailar. A biodanza é unha ferramenta para a promoción da saúde e o desenvolvemento integral das nosas potencialidades, favorece a expresión de emocións, alivia o estrés, regula as funcións orgánicas, reforza a autoestima e mellora a comunicación connosco e coas demais persoas”.
As persoas interesadas en obter máis información e para realizar as inscricións deben dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM) situado non Auditorio, Rúa Buenos Aires 14, (teléfono 982120739), ata o 10 de marzo. As prazas limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.


