En decembro do 2022, a Xunta adxudicou por preto de 1 millón de euros a obra que permitirá incorporar a nova resonancia magnética do Hospital da Mariña
Lugo, 12 de febreiro de 2023. A Xunta de Galicia fai balance das melloras en equipamento e infraestruturas realizadas na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, e avanza no desenvolvemento da construcción, ampliación e reforma dos seus centros sanitarios.
Neste senso, o Hospital Lucus Augusti de Lugo iniciou, o pasado mes de xaneiro, as obras para a área que albergará este novo PET-TC. A Xunta de Galicia considera moi importante a dotación de equipos de avanzada tecnoloxía para mellorar os diagnósticos, tratamentos, seguridade e recuperación dos pacientes e acercar aos usuarios todos os medios diagnósticos e terapéuticos posibles, favorecendo a equidade no acceso a estas prestacións. No ano 2022, autorizouse a contratación dun PET-TC para o Hospital Universitario Lucus Augusti, cuxa incorporación permitirá atender na provincia a pacientes que agora teñen que ser derivados a outros hospitais.
A instalación do PET require estas obras no Servizo de Medicina Nuclear do HULA, que implican, só en obra civil, un investimento de máis de 1 millón de euros ao que hai que engadir o custo do PET-TC de última xeración, o que supón un investimento total de 2,5 millóns.
Nova sala de neurorradioloxía
O 27 de decembro de 2022 foi adxudicada a contratación das obras para a implantación desta nova unidade de neurorradioloxía no Lucus Augusti por importe de case 814.000 euros. O contrato reduciu en dúas semanas o prazo inicial de execución dos traballos, polo que as obras levaranse a cabo en tres meses e medio.
O Hospital Universitario Lucus Augusti contará cunha sala de neurorradioloxía intervencionista de última xeración, que permitirá tratar na provincia patoloxías que ata o de agora se tiñan que derivar a outros centros hospitalarios, como a realización de trombectomías na fase aguda do ictus.
A Xunta de Galicia inviste 1,2 millóns de euros na dotación deste novo equipamento de neurorradioloxía de última xeración, que sumados aos preto de 700.000 euros que se destinan ás obras, supón un investimento total de case 2 millóns de euros para dotar ao HULA dunha área de radioloxía intervencionista minimamente invasiva, con equipos avanzados para a exploración e tratamento de patoloxías de cabeza, colo…
Nos orzamentos do 2023, no HULA destinamos 1,6 millóns de euros para completar as obras licitadas este ano e que permitirán incorporar a este hospital novo equipamento como o equipo PET ou o equipo de neurorradioloxía para o tratamento do ictus.
Obras no Hospital Público da Mariña
En setembro de 2021 foi adxudicada contratación dos servizos de redacción do proxecto básico e de execución e dirección facultativa da obra da fase II e III do Hospital Público da Mariña, e durante o 2022 avanzaron na redacción do proxecto de execución. Así, durante o ano 2022 executáronse as obras da fachada, carpintería exterior e envolventes térmicas cun investimento de 1,9 M€.
Ademais, en decembro do 2022 adxudicouse por preto de 1 millón de euros a obra que permitirá incorporar a nova resonancia magnética ao Hospital da Mariña. O servizo de radioloxía deste hospital recibirá un investimento total de 2,2 millóns de euros entre a obra, a resonancia e o novo equipo TAC Esta obra é un adianto da segunda fase do Plan Director.
Avance da reforma do Hospital Público de Monforte de Lemos
Durante o 2022 avanzouse no programa de espazos para acometer a reforma integral do hospital público e Monforte, polo que nos orzamentos do 2023 están consignados 300.000 euros para poder licitar o seu Plan Director.
Como acción previa ao Plan director, durante o 2022 levouse a cabo a reforma integral de case 500 m2 para albergar o novo laboratorio de análises clínicos e de bioquímica que entrou en funcionamento en xaneiro de 2023. A obra foi posible ao ser trasladado provisionalmente o laboratorio aos espazos que deixou libres o novo hospital de día posto en marcha en 2021. Con este laboratorio mellorará a seguridade e as condicións ambientais de traballo e permite a incorporación de novas tecnoloxías.
Avance do Centro Integral de Saúde de Lugo
Durante o 2022 avanzouse nas obras do novo Centro Integral de Saúde do barrio da Residencia, que contan cun investimento de preto de 13 millóns de euros e nas que os traballos interiores están moi próximos á finalización. Actualmente estanse a realizar os traballos restantes e remates de albanelería, pavimentos, carpintería interior, revestimentos, cubertas ou pinturas. Ademais, os esforzos están centrados no exterior, na urbanización da parcela.
Trátase dun centro de saúde moderno e accesible, con acceso pola fachada principal, a nivel de planta 0; un Punto de Atención Continuada (PAC) con urxencias, con acceso independente pola fachada traseira; centro de saúde mental, que ocupará o andar -1; e base do 061, na planta -1 na parte de atrás. No seu conxunto, serán 8.000 m² de superficie construída e máis de 5.500 m² de superficie útil en 6 andares, permitindo albergar as 46 consultas do centro de saúde e do PAC; e as 22 consultas no centro de saúde mental.
Plan de Infraestruturas de Atención Primaria
Este plan foi aprobado no Consello da Xunta en Outubro de 2021 e durante o ano 2022 podemos destacar como avances nesta área os seguintes:
Procedeuse durante o ano á redacción do proxecto do novo centro de saúde de Antas de Ulla que está en fase de supervisión e coa previsión de poder licitar a obra durante o 1º trimestre deste 2023
En marzo de 2022 asinouse convenio co concello de Meira para eximir de impostos a futura obra de ampliación e reforma do centro de saúde de Meira, que significará triplicar a superficie do actual edificio. Isto permitirá crear novos espazos como unha consulta de enfermería pediátrica, unha sala polivalente ou unha sala de técnicas na que realizar ecografías, cirurxía menor ou o programa da muller, así como mellorar a área do PAC. En outubro licitouse o proxecto arquitectónico e completouse a súa adxudicación o 29 de decembro por importe de 127.050 euros.
En maio, asinouse o protocolo de colaboración co Concello de Ribadeo para a cesión dos terreos no que se construirá o futuro novo centro de saúde na localidade mariñá. A nova infraestrutura, que se comezará a construír cando o concello ceda as parcelas, superará nun 30% a superficie do actual centro de saúde, ao tratarse dunha edificación de máis de 2.500 metros cadrados.
Nese mesmo mes, asinouse o protocolo co concello de Outeiro de Rei que permitiu a achega das parcelas sobre as que se efectuará unha obra de ampliación que permitirá integrar centro de saúde e Punto de Atención Continuada no mesmo edificio. Neste primeiro trimestre de 2023 licitarase a redacción do proxecto arquitectónico.
Pola súa banda, o 13 de decembro de 2022, licitouse a redacción do proxecto para reforma do centro de saúde de A Milagrosa en Lugo. No mesmo, está previsto, non só unha reorganización do interior para adaptar á área asistencial ás novas necesidades derivadas da apertura do CIS do Barrio da Residencia, senón acometer unha actualización completa que permita adaptar o edificio aos actuais criterios de sostibilidade e eficiencia enerxética. Para iso está prevista a renovación e adecuación do illamento da envolvente exterior, coa renovación e mellora funcional das fachadas e das cubertas, ademais das instalacións.
Obras executadas en centros de saúde
Polo que se refire ás obras executadas en centros de saúde de titularidade municipal, a través de convenio no ano 2022, leváronse a cabo obras de reforma no centro de saúde de Friol por importe total de mais de 48.000 euros. As obras consistiron na substitución de carpinterías exteriores, no aumento da superficie da sala de espera de pediatría, reparación de revestimentos vinílicos por problemas de condensación e revestimento de pintura nas zonas nas que estaba deteriorada.
Ademais, no mes de xullo asinouse co concello de Palas de Rei un convenio por 155.000 euros para a substitución da totalidade da cuberta de lousa, incluíndo a renovación dos canalóns. Deste xeito, a actuación en execución arranxará os problemas de entradas de auga que afectan actualmente ao centro.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



