Hoxe, durante o percorrido realizado pola Feira do Butelo da Fonsagrada acompañado por Miguel Corgos, o presidente da xestora do PP local, Bernardo Niño, e a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia
A Fonsagrada, 11 de febreiro de 2023. O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, visitou hoxe A Fonsagrada para desfrutar da XXVI edición da Feira do Butelo, tendo a oportunidade de realizar un percorrido polo recinto feiral ubicado na Praza do Concello e incluso de mercar unha peza deste produto que, na súa opinión, tan ben representa a calidade da gastronomía galega e as nosas tradicións.
Ademais da feira, o líder dos populares galegos realizou un percorrido pola vila e mostrou especial interese pola historia da Fonte Sacra situada xunto á igrexa de Santa María. Un monumento que, aparte de dar nome ao concello, atesoura un gran número de lendas e tradicións vencelladas á Ruta Xacobea.
Na súa visita, Alfonso Rueda estivo acompañado polo responsable de Facenda do Goberno galego, a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, e o presidente da xestora do PP da Fonsagrada, Bernardo Niño. Sobre este último destacou que, como empresario e concelleiro, ten a experiencia e é coñecedor dos problemas que afectan ao municipio e aos seus veciños.
“Vendo desde que cheguei o ánimo da xente, como quedamos a tan pouco da alcaldía, esta vez hai que intentalo en serio. Hai que coller todas esas forzas de cando nos quedamos tan cerca e darlle para adiante”, asegurou Alfonso Rueda antes de recoñecer que ten moitas esperanzas no Partido Popular da provincia de Lugo.
Pola súa banda, Bernardo Niño, trasladou ao líder dos populares galegos que el e o seu equipo teñen claro que as súas prioridades son “resolver o problema do despoboamento na Fonsagrada e o deterioro acusado das infraestruturas e dos servizos públicos que tanto afectan aos veciños”.
O presidente da xestora do PP local sinalou así mesmo que a súa labor terá como liña principal traballar polo municipio e estar preto dos seus veciños para defender os seus intereses. Neste senso, agradeceu o apoio do presidente Alfonso Rueda, demostrando coa súa asistencia e presenza na Feira do Butelo que “A Fonsagrada está na súa axenda política”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



