Ribadeo, 2 de febreiro de 2023. De febreiro a agosto terán lugar os Talleres Creativos no Rural Actívate, que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local a través do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras. Están dirixidos ao colectivo de persoas maiores de Ribadeo. Haberá actividades como ximnasia, risoterapia, pintura, lectura, talleres de modelado ou arxila e xogos de mesa.
O edil de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “o Concello de Ribadeo, a través do obradoiro de emprego Vilas coidadoras, e dentro deste a especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, vai poñer en marcha o programa Actívate para ofrecer ao colectivo de persoas maiores. Vaise levar a cabo desde o mes de febreiro ata o mes de agosto”.
O concelleiro ribadense explicou que “este programa buscará educar, entreter e integrar aos maiores do concello, favorecendo a súa motivación e a participación activa, potenciando a conexión social e evitando os problemas que poden supoñer a soidade e o illamento. Para conseguir estes obxectivos impulsaranse varios talleres culturais que se impartirán nas distintas escolas parroquiais a través dos que as persoas asistentes terán a oportunidade de desfrutar de actividades como ximnasia, risoterapia, pintura, lectura, xogos de mesas, talleres de modelado ou de arxila”.
Vizoso Galdo engadiu que “as persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 676 892 819 ou nas escolas das parroquias nas que irán atopando información sobre a temática e os horarios dos talleres que se impartirán e que irán cambiando mensualmente”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



