A Xunta lembra que é o Estado quen ten as competencias sobre o reparto no caladoiro nacional e que debe habilitar medidas para paliar un axuste que afecta tanto á frota galega como á asturiana, a cántabra ou a vasca
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou hoxe no Parlamento que a Xunta está a defender desde o primeiro momento os intereses da frota de cerco ante o recorte das posibilidades de pesca do xurelo no Cantábrico e augas de Gran Sol fixado para este ano no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea celebrado o pasado mes de decembro. Nesta liña, sinalou que Galicia solicita ao Goberno central unha solución global e uniforme para todo o sector do cerco do Cantábrico afectado por esta limitación -á frota galega engádense a asturiana, a cántabra e a vasca- co fin de garantir a súa viabilidade.
A titular de Mar lembrou que a cota fixada en Bruxelas para esta especie nos caladoiros ao norte de Fisterra é de 15.000 toneladas, das que apenas 3.200 corresponden a España e condicionadas á pesca accesoria. O feito de non poder realizar pesca dirixida entre Fisterra e o golfo de Biscaia complica en gran medida a actividade dos preto de 150 cerqueiros cos que conta Galicia, engadiu.
Ademais sinalou que inmediatamente despois de que se aprobasen as posibilidades de pesca para 2023, a Xunta reuniu ao Consello Galego de Pesca e á súa Comisión sectorial do cerco. Nestes encontros os representantes da Administración galega e da frota constataron a necesidade de que España adopte medidas como unha posible parada biolóxica para todas as frotas do Cantábrico -dado que o axuste nas cotas non só afecta a Galicia senón tamén a Asturias, Cantabria e País Vasco- e a habilitación das correspondentes axudas co obxectivo de que a súa actividade poida ser rendible.
De feito, explicou a conselleira, así se lle trasladou ao Executivo estatal -que ten as competencias sobre o reparto no caladoiro nacional- na reunión do 21 de decembro entre a Secretaría Xeral de Pesca do Goberno central e representantes do sector e das comunidades autónomas. Nela Galicia trasladou a súa vontade de colaboración na busca dunha solución satisfactoria para o conxunto da frota.
Ademais Rosa Quintana sinalou que desde ese día se mantiveron dúas xuntanzas máis co sector e outra coa Secretaría Xeral de Pesca para avanzar nas condicións da parada. Con este fin, Galicia remitiu unha proposta unánime sobre estas condicións o 24 de xaneiro sen que polo momento exista resposta.
A estas xestións de apoio á frota do cerco por parte do Goberno galego súmanse as accións previas ao acordo de Totais Admisibles de Captura (TAC) e cotas para este ano, como o informe socioeconómico do impacto que tería a proposta de TAC cero para esta especie realizada pola Comisión Europea antes das negociacións no Consello de Ministros de Pesca da UE de decembro. Este documento foi remitido pola Xunta ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e á Representación Permanente da Unión Europea (Reper) para que o empregasen na defensa dos intereses da frota galega e española.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



