O delegado supervisa o impacto do Plan de Recuperación e avanza unha nova convocatoria de 40M€ para proxectos empresariais ligados á transición verde
Vilalba, 28 de febreiro de 2023. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou esta mañá en Vilalba o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez cos concellos de Galicia que están inmersos no proceso de transición xusta e resaltou que os investimentos estatais acadan actualmente preto de sete millóns de euros neste municipio de Lugo. O delegado felicitou a alcaldesa, Elba Veleiro, pola consecución dunha axuda de preto de medio millón de euros (499.605,93€) para financiar infraestruturas ambientais, sociais e dixitais, que inclúe o arbolado urbano, na última convocatoria resolta polo Instituto para a Transición Xusta, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. José Miñones trasladoulle tamén á rexedora a oportunidade da vindeira convocatoria de 40 millóns de euros que o Goberno abrirá para proxectos empresariais enfocados a xerar emprego verde e de calidade en zonas afectadas polo peche de centrais térmicas.
Durante a súa visita, José Miñones supervisou en Vilalba o impacto das axudas do Plan de Recuperación acompañado pola subdelegada en Lugo, Isabel Rodríguez. O delegado reafirmou o compromiso municipalista do Goberno e a súa acción para atender o reto demográfico.
Vilaba é un dos 19 os concellos galegos incluídos nos protocolos de transición xusta, por estaren afectados polos procesos de peche de centrais térmicas (As Pontes e Meirama). O Instituto para a Transición Xusta vén de conceder 12,4 millóns de euros para impulsar 17 proxectos nestes municipios. José Miñones recalcou que esta acción na mellora de infraestructuras ambientais, sociais e dixitais, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O delegado incidiu tamén nos 111 millóns de euros que o Goberno transfire á Xunta de Galicia para financiar grandes proxectos empresariais igualmente enfocados ao proceso de transición xusta.
Sete millóns de euros de investimentos do Goberno en Vilalba
Respecto ao investimentos no Concello de Vilalba, ademáis dos preto de 500.000 euros do Instituto para a Transición Xusta, José Miñones destacou a importancia que ten para a veciñanza a mellora da conectividade, coa achega da fibra óptica a 4.200 vivendas e empresas vivendas e fogares do municipio grazas ao Plan ÚNICO-Banda Ancha, valorada en 1,1 millóns de euros. Tamén, o aforro que suporá para o Consistorio a mellora da eficiencia do alumeado público, con tres axudas por máis de 400.000 euros do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), do Ministerio para a Transición Ecolóxica.
A estes investimentos súmanse os 900.000 euros do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que permiten rehabilitar a Casa Consistorial de Vilalba de xeito sostible, reducindo nun 80% o consumo de enerxía, no marco do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP).
Dentro da aposta pola sostibilidade, neste caso no eido turístico, resaltou o investimento de 1,1 millóns de euros para a reforma do Parador de Vilalba. O Estado achega tamén 2,8 millóns de euros dentro do convenio coa Confederación Miño-Sil para mellorar o saneamento e a EDAR de Vilalba. “O Goberno é a administración que máis está a investir nos concellos de Galicia”, constatou o delegado.
José Miñones reivindicou a transición coma un necesario cambio de paradigma, para impulsar o emprego verde e de calidade. “Impulsamos proxectos que mellorarán a calidade de vida da cidadanía destes municipios, mellorando servizos sociais, culturais e de emprendemento, e contribuíndo á mellora ambiental de zonas verdes e urbanas de distintas localidades”, destacou o delegado.
“Estamos apuntalando a revolución verde en Galicia e dando oportunidades reais de desenvolvemento e de emprego aos concellos que afrontan o cese de actividade das centrais térmicas”, manifestou o delegado.
O delegado lembrou que o Goberno puxo en marcha o pasado verán unha Oficina de Transición Xusta no centro de empresas Seara, nas Pontes, e que está xestionada por técnicos da empresa pública Tragsa. Esta oficina está a disposición dos 19 concellos con convenios de transición para perfilar as súas candidaturas e captar os máximos fondos posibles das distintas liñas de axudas e de apoio ao investimento produtivo nestes territorios.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



