Rouco considera “fundamental” facer unha correcta “xestión do día a día da vila” e aposta por “gobernar de cara á xente e non de costas aos intereses dos veciños e veciñas de Burela”
Burela, 22 de febreiro de 2023. O candidato do Partido Popular de cara ás vindeiras eleccións municipais no Concello de Burela será Manuel Rouco. A proposta, acordada por unanimidade polo comité local, foi apoiada pola dirección provincial.
O actual portavoz municipal e presidente do PP local amósase “agradecido pola confianza e con moitas ganas de traballar por Burela”. O popular avanza que “temos un proxecto realista de presente e de futuro para a nosa vila” co que “recuperar o que Burela non debeu deixar de ser durante os anos de desgoberno socialista”.
Rouco considera “fundamental” facer unha correcta “xestión do día a día da vila”. Nese sentido, se consegue o apoio dos veciños e veciñas na cita coas urnas do vindeiro 28 de maio “gobernaremos de cara á xente e non de costas aos intereses dos veciños e veciñas de Burela”, en referencia ao actual goberno.
“Burela ten que recuperar a súa hexemonía na comarca” e para iso “é necesario fomentar a súa dinamización socioeconómica, políticas para favorecer a creación de emprego e o asentamento da poboación; ademais de garantir os servizos aos veciños e veciñas”, expón o popular que se compromete a traballar nesa liña.
De feito, como voceiro leva catro anos fiscalizando a falta de acción do goberno local xunto aos compañeiros do Grupo Municipal Popular, “os únicos que estamos a facer durante este mandato labor de oposición e que, ao mesmo tempo, propoñemos alternativas para solucionar algúns dos problemas do pobo de Burela”.
Rouco ten 46 anos e conta con distintas titulacións universitarias do eido da enxeñería agrícola. A súa actividade profesional está relacionada coa dirección e execución de proxectos de infraestructuras en diferentes ámbitos.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



