Xosé Luís Rivas afirmou que as declaracións do conselleiro enxalzando a produción ecolóxica representan unha “burla” a máis de 200 produtores e produtoras ás que despois denega as axudas
Santiago de Compostela, 8 de febreiro, 2023. O portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas recriminou ao conselleiro de Medio Rural a súa falta de compromiso coa produción ecolóxica e acusouno de mentir aos produtores e produtoras ao asegurar unhas axudas que finalmente foron denegadas. Rivas reclamou poñer en marcha as subvencións do ano 2022 e exixiu a “dimisión” do conselleiro ante o grave dano causado aos e ás afectadas.
Na interpelación ao titular de Medio Rural, José González Vázquez, o deputado nacionalista explicou que ao longo do ano 2022, existía a información sobre un “considerable aumento das incorporacións tanto de explotacións coma de hectáreas en ecolóxico”. Fontes da Consellería pedían calma e argumentaban que “por cartos non ía ser”, sen embargo as axudas non eran concedidas pero o ecolóxico seguía confiando nunha rectificación ante unha nova PAC e as directrices para impulsar “o verde”: redución de fitosanitarios, boas prácticas agrarias, consideración sobre a emerxencia climática, produción de alimentos saudables e o equilibrio medioambiental potenciando a “agrogandaría ecolóxica”.
E comeza a operación “balóns fóra” sinalou o deputado do BNG. “Disque os colleu por sorpresa, non sabían nada… acabaranse os cartos e non había de onde dispoñer”. A culpa fora toda do SLG, segundo deixou caer o propio conselleiro na véspera de Noiteboa respondendo á pregunta que lle faciamos neste hemiciclo.
Agora, nesta nova andaina, explicou Rivas, o Conselleiro, mudou de tocata e xustifica a súa mala xestión en que se fiaron dos datos do Craega. “Un xeito mesquiño de botar xurro enriba dun sector que se por algo se distingue e pola súa seriedade e rigor”. Persoas comprometidas que se arriscan a unhas prácticas agrícolas mal remuneradas, suxeitas a restricións e sen cobertura de matadoiros,
Vostede, dixo Rivas ao conselleiro, “xa sabía que os cartos non ían chegar para todas as solicitudes”. Por iso puxeron unhas condicións de “baremacións puñeteiras” para excluír a maior parte dos solicitantes. O PP di que non hai cartos pero o que realmente falta, afirmou, “é vontade política e vergoña”.
Rivas denunciou que das 150 solicitudes para axudas á Gandería, 26 foron aprobadas e o resto denegadas, para mantemento 281 solicitudes, 172 aprobadas e109. denegadas.
Para Agricultura, de 35 solicitudes en conversión, 5 foron aprobadas e 30 denegadas ás que sumou as 93 solicitudes para mantemento, das que 36 foron aprobadas e 57 denegadas e preguntou que é o que realmente lle molesta ao Partido popular da produción ecolóxica?
Medio Rural non anuncia ningunha medida sobre as axudas do 2022
Tras o anunciou José González, dunha convocatoria para o ano 2023 destinada á produción ecolóxica por un período de cinco anos, o nacionalista mostrou o seu escepticismo tendo en conta que o conselleiro non se pronunciou sobre as axudas do ano 2022 polo que volveu a preguntar si ten previsto rectificar ou continuará “espallando dúbidas sobre un sector que lle molesta” ademais de insistir en afondar no enfrontamento entre extensivo e ecolóxico xogando cun sector fundamental para o noso país porque é “un suicidio”. Deixen o extensivo en paz e preocúpense pola produción ecolóxica, sentenciou.
O deputado criticou que o conselleiro eludira responder ás pregunta formuladas polo BNG polo que repreguntou se o titular de Medio Rural está disposto a “reparar o dano aos produtores e produtoras do ano 22” e afirmou que se quere rectificar pode porque no ano 2020 denegou as axudas para danos da fauna salvaxe por falta de orzamentos pero como estamos ante un período electoral a consellería comunica que agora hai cartos e que se van pagar as axudas. “Sen embargo, coa produción ecolóxica a disposición non é a mesma”, recalcou.
Dende o BNG, dixo, pedímoslle encarecidamente que abandone “esa pataleta, esa perrencha” porque a consellería non pode estar gobernada por “infantilismos”, debe implantar políticas favorables aos sectores importantes e se non é así “dimita” porque o rural “vaillo agradecer”. O dano está feito e a confianza en vostede “xa non é recuperable”, concluíu.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



